Acuña recrimina á Xunta a súa falla de compromiso co Plan para o Fomento da Actividade Física

Acuña recrimina á Xunta a súa falla de compromiso co Plan para o Fomento da Actividade Física

Acuña recrimina á Xunta a súa falla de compromiso co Plan para o Fomento da Actividade Física

Os socialistas galegos veñen de esixir en Comisión parlamentaria a devolución do Plan para o Fomento da Actividade Física, presentado na Cámara polo Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e que, finalmente, foi aprobado cos votos da maioría popular.

A parlamentaria Carmen Acuña recriminou ao representante do Goberno galego e ao Grupo Popular que antepoñan a imaxe ante os medios a un verdadeiro compromiso co fomento da práctica de actividades físicas saudables e fagan “unha presentación apresurada” dun texto que evidencia moitas “carencias”.

A deputada ourensá recordou que esta proposta leva dando voltas desde a toma de posesión de Feijóo, onde se fixo unha primeira referencia á mesma. Pero non se sabe ben “si por falta de orzamento ou de compromiso, ou por ambas cousas” o plan “chega a esta cámara de xeito precipitado”.

Os socialistas xustifican, entre outros argumentos, a súa emenda á totalidade na interpretación do artigo 142 do Regulamento da Cámara, a que consideran que o texto chega “demasiado pronto” ao Parlamento, xa que, aínda non ten a aprobación do Consello da Xunta.

Acuña non entende as presas dos populares aos que recrimina ironicamente ao Goberno “ter tardado un ano de máis e haber chegado un día antes”, en alusión á celebración o 28 de decembro o día dos Santos Inocentes.

O Plan que hoxe aprobou a Comisión 5ª, co voto da maioría popular non só non goza do compromiso do lexislativo, senón que do mesmo se desprende a falta de rigor para cumprir coas recomendacións da OMS, a UE e o Goberno central para combater, mediante o exercicio, as chamadas enfermidades crónicas non contaxiosas, como a obesidade ou a diabetes, que xa están a causar problemas na poboación infantil.

A socialista cualificou a postura da Xunta a respecto do fomento da actividade física como “descorazonadora” e dixo “botar de menos actuacións destinadas á infancia, a muller e ás persoas maiores”, entre outras.

Acuña criticou severamente a cuestión orzamentaria do devandito plan. Así, reprochou ao Secretario Xeral para o Deporte que a partida prevista se cifrara en “432.000 euros de fondos propios” para 2012, ao que se sumarían os patrocinios que “están por ver” aínda, afirmou.

Outras eivas do Plan presentado pola Secretaría Xeral para o Deporte se atopa no trato que dispensa á muller. Neste sentido salientou Acuña o gravísimo descoñecemento dun asunto tan grave como a violencia de xénero por parte dos redactores deste Plan, que inclúe entre o fomento de actividades para colectivos en exclusión aos ‘maltratadores’ e ‘maltratadoras’. Unha broma de mal gusto cando menos o uso do termo en feminino, segundo Acuña, quen criticou tamén que se mencione á muller como ‘colectivo’.

Outra mostra do escaso compromiso real co fomento da actividade física o atopa a deputada socialista no feito en que se encargue do mesmo á Fundación Galicia Deporte, “aquí lles deixan o paquete”, cando se debe tratar dunha “actividade transversal que afecta a numerosas consellerías”.

Tampouco está moi claro o papel dos concellos, agrupados en Unidades de Promoción do Exercicio e encargados de crear os Puntos Móvome, de información. Pero “todo sen orzamento”, engade Acuña, que se pregunta si está todo a expensas dos patrocinios que haxa cada ano.

Acuña pediu á Xunta que valoren refacer o Plan, para incluír, por exemplo mais horas curriculares de formación física, o fomento do uso de transportes sen motor e carrís bici, a obrigatoriedade de incluír o exercicio adaptado nas residencias de maiores, o fomento da práctica de actividade física nas empresas ou a inclusión obrigatoria de zonas de práctica de exercicio nos proxectos urbanísticos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar