Acuña reclama á Xunta que manteña o seguro para deporte dos rapaces de 6 a 16 anos

Acuña reclama á Xunta que manteña o seguro para deporte dos rapaces de 6 a 16 anos

Acuña reclama á Xunta que manteña o seguro para deporte dos rapaces de 6 a 16 anos

A portavoz de Deporte do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Acuña, reclamou hoxe á Xunta que manteña o financiamento do seguro para a práctica de deporte escolar e federado entre os rapaces e rapazas de 6 a 16 anos. A responsable socialista presentou unha iniciativa logo de que a Xunta comunicara ás federacións a supresión deste servizo.

Acuña advertiu que “coa desculpa da crise, esta achega do Goberno está tamén ameazada” logo de que a Secretaría Xeral para o Deporte chegara a comunicar ás federacións a súa supresión a partir do mes de novembro. Nesta data, explicou, é cando remata o contrato coa actual compañía de seguros que presta este servizo, quen dixo que a Xunta debera triplicar a contía fixada para financiar o servizo.

A parlamentaria socialista presentou unha pregunta dende a Cámara autonómica para que a Xunta garanta a continuidade deste programa e que explique “si continuará asumindo a totalidade do importe da mutualidade en todos os casos como ata agora”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar