Acuña reclama a dimisión da conselleira de Sanidade pola paralización da licitación de servizos do hospital de Ourense

Acuña reclama a dimisión da conselleira de Sanidade pola paralización da licitación de servizos do hospital de Ourense

Acuña reclama a dimisión da conselleira de Sanidade pola paralización da licitación de servizos do hospital de Ourense

Carmen Acuña apunta que o contrato foi concedido a Ferrovial e lembrou que o xerente da súa filial Cespa, xerente do Chou cando comezara a licitación, foi detido na Operación Patos

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe a dimisión da conselleira de Sanidade logo da paralización da licitación de servizos do Hospital de Ourense por parte do Tribunal de Recursos Contractuais. Acuña presentou unha pregunta sobre a paralización deste concurso de 225 millóns de euros na sesión de control ao goberno celebrada no Parlamento.

A deputada socialista lembrou que o contrato foi adxudicado a Ferrovial, e lembrou que o xerente da súa filiar Cespa, antes xerente do CHOU, foi detido na Operación Patos. Agora, dixo, o goberno central vén de paralizar a “mais que sospeitosa privatización conxunta dos servizos de limpeza, seguridade, mantemento e subministro enerxético do CHOU” logo da denuncia das empresas de limpeza e da asociación de traballadores de mantemento.

Sinalou que a Xunta ofrecía 225 millóns de euros pola xestión destes servizos a cambio de que a empresa adxudicataria puxera sobre a mesa 14 millóns de euros para facer o Plan Director, co que “a mesma empresa adxudicataria actúa de prestamista do goberno”. Sinalou que este concurso quedou deserto na súa primeira convocatoria para que agora fora concedida a Ferrovial “como todo o mundo supuña”.

Acuña explicou que esta paralización, xunto coas denuncias do contrato nos tribunais ordinarios, poñen en perigo os fondos da UE que esixen a execución das obras antes de 2015, co que á conselleira de Sanidade “pódelle pasar como ao conselleiro de Sanidade de Madrid”, que tivo que dimitir logo de que os tribunais rexeitaran a privatización dos hospitais.

Conto da leiteira

A portavoz de Sanidade acusou ao goberno galego de facer “o conto da leiteira”, xa que “venden un pedazo da sanidade pública para financiar a obra para que, unha vez feita, os fondos da UE financien a tecnoloxía”.

Agora, sinalou, foi o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, quen “rompeu o cántaro” ao paralizar o concurso, co que non deixa tempo a que a obra estea finalizada antes de 2015, e polo tanto perdendo Ourense os fondos comunitarios.

Esixiulle á conselleira que admita que o goberno de Rajoy “xa lles advertira sobre estes contratos” por ser demasiado amplos, e o propio ministro de Industria “puxera reparos nunha carta á xerente do CHOU e curmá de Feijóo, Eloína Núñez, sen que vostedes reaccionaran”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar