Acuña preguntará no Parlamento polo prazo de execución das obras no hospital de Piñor

Acuña preguntará no Parlamento polo prazo de execución das obras no hospital de Piñor

Acuña preguntará no Parlamento polo prazo de execución das obras no hospital de Piñor

A deputada María del Carmen Acuña preguntará no Parlamento polas obras presentadas esta semana pola Xerencia do CHOU para o hospital de Piñor, o prazo de execución de ditas obras e o procedemento de adxudicación das mesmas, porque dada a contía é necesario un con concurso público.

Acuña explica que o Grupo Parlamentario Socialista recolleu as inquedanzas dos traballadores do centro sanitario, porque non está claro como se vai actuar no momento en que comecen as obras en Piñor, xa que mentres estean pechadas estas habitacións, e polo tanto suprimidas estas camas, tampouco estarán dispoñibles as camas que supostamente crearán no hospital Santa María Nai.

“Como ten previsto a Consellería artellar a confluencia das obras en ambos centros sanitarios? Porque nunha provincia onde hai déficit de camas hospitalarias hai que ter a máxima responsabilidade á hora de prever este tipo de actuacións”, sinala.

A deputada socialista considera ademais que a xerencia non ofreceu aos cidadáns todos os datos, polo que preguntará en que partida se contemplan estas obras, e como se vai facer o pago das mesmas.

“Dada a contía é necesario facer un concurso público para a súa adxudicación”, insiste, “porque supoñemos que a irrisoria partida de 80.000 euros destinada para o CHOU no ano 2011 non ten nada que ver con estas obras. De donde saen os cartos, do coche de Baltar?”, pregunta.

A portavoz de sanidade no Parlamento critica “que a decisión de iniciar esas obras ás que se opuxo a maioría da sociedade, como demostrou a multitudinaria manifestación do pasado 7 de abril, foi anunciada xusto o día seguinte da convocatoria electoral”.

Por último, Acuña lamenta que sexan os cidadáns da provincia de Ourense os que sufran os recortes do goberno do PP, que pon un parche nun problema na calidade asistencial psiquiátrica, e afonda outro problema, que é a xa de por si deficitaria oferta de camas hospitalarias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar