Acuña preguntará no Parlamento polas repercusións na saúde dos ourensáns do fume procedente dos lumes

O Grupo Parlamentario Socialista preguntará na Cámara Galega polas repercusións na poboación do fume procedente dos lumes que asolaron a provincia que nos pasados días invadiu as rúa da cidade das Burgas.

A deputada María del Carmen Acuña preguntará se houbo algún tipo de medición deste fume, se se estudiaron as súas características, e se houbo algún tipo de comprobación das complicacións que se puideron derivar da súa inhalación en certas patoloxías.

Así, Acuña preguntará se houbo algún pico de consultas relacionadas con enfermidades respiratorias, como EPOC ou asmáticas, e que tipo de medidas se puxeron en marcha para paliar os posibles danos.

A deputada socialista lamenta que aos recortes que sufre o noso sistema sanitario se sumen agora complicacións derivadas dos recortes noutros ámbitos, neste caso na prevención de lumes forestais, nun proceso de deterioro constante dos servizos públicos galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar