Acuña pregunta á Xunta polas irregularidades no complemento de productividade variable dos profesionais da sanidade

Acuña pregunta á Xunta polas irregularidades no complemento de productividade variable dos profesionais da sanidade

Acuña pregunta á Xunta polas irregularidades no complemento de productividade variable dos profesionais da sanidade

A parlamentaria socialista Carmen Acuña ven de presentar unha serie de iniciativas nas que pregunta á Xunta polas irregularidades no reparto do complemento de produtividade variable aos profesionais da sanidade. Acuña advirte que ademais dos consabidos retrasos no pagamento, a Xunta ten aplicado penalizacións por baixa maternal.

A parlamentaria socialista leva ao parlamento as críticas trasladadas polos profesionais da sanidade e dos sindicatos desta profesión, que denuncian a modificación unilateral por parte da Xunta dos acordos para a aplicación destes complementos. Sinala que “ademais hai moito descontento sobre a maneira de aplicalos a determinados servizos e profesionais”.

Acuña denuncia o “trato discriminatorio” con estes profesionais, xa que foron sancionados polo incumprimento das porcentaxes de xenéricos “sen oportunidade para explicar as razóns polas que non se puideron acadar as expectativas previstas”. Ademais, lembra que, malia tratarse de fondos finalistas, os recortes “non foron revertidos no resto” de servizos da sanidade pública galega.

Salienta tamén o fondo malestar mesmo dende o Colexio de Médicos de Galicia polo propósito de condicionar o complemento de produtividade variable á non prescrición de novidades terapéuticas aos profesionais.

Reclama así ao Executivo autonómico que “revise estes problemas e atenda ás queixas formuladas polos profesionais e os sindicatos”, e mesmo “modifiquen a súa intención de supeditar o complemento á porcentaxe de prescrición de fármacos novos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar