Acuña pide a comparecencia da xerente do CHUOU dado que a conselleira delegoulle a responsabilidade

Acuña pide a comparecencia da xerente do CHUOU dado que a conselleira delegoulle a responsabilidade

Acuña pide a comparecencia da xerente do CHUOU dado que a conselleira delegoulle a responsabilidade

O Grupo Parlamentario Socialista solicitou a comparecencia en Comisión da xerente do CHUOU, Eloína Núñez, para que explique o motivo de que a Consellería delegue na xerente as súas responsabilidades sobre a sanidade na provincia de Ourense, e sexa a propia Eloína Núñez quen sistematicamente contesta a todas preguntas e dem

andas plantexadas polo Grupo Parlamentario Socialista.

A deputada María del Carmen Acuña afirma que aínda que non é habitual que comparezan no Parlamento directivos dos complexos hospitalarios, tampouco é normal que a Consellería se inhiba das súas responsabilidades e decline dar explicacións sobre a situación da sanidade ourensá.

Lembra que Eloína Núñez é a máxima responsable da nova e única área sanitaria integrada de Ourense.

Dada a actitude da Consellería, os socialistas piden a comparecencia da xerente do CHUOU para que as respostas do Goberno de Feijóo sobre a sanidade ourensá sexan dadas no Parlamento e non só nos medios de comunicación.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar