Acuña lamenta que a primeira visita de Mosquera a Ourense sexa para celebrar o peche dun hospital

Acuña lamenta que a primeira visita de Mosquera a Ourense sexa para celebrar o peche dun hospital

Acuña lamenta que a primeira visita de Mosquera a Ourense sexa para celebrar o peche dun hospital

A deputada socialista María del Carmen Acuña, lamenta “que a primeira visita da nova conselleira de Sanidade sexa para celebrar o peche dun hospital e presentarnos unha habitación piloto en Piñor que non ten nada que ver co resto das habitacións do centro”.

“Ante as fotografías publicadas nos xornais e a denuncia de Prosadi, está claro que se fixo un pase para a prensa nun escenario, nunha única habitación preciosa na que nos preguntamos como a van sortear entre os pacientes”, afirma.

Acuña explica que as contas non concordan porque o prezo dunha habitación piloto deste tipo ronda os 16.000 euros, e a obra en total tivo un custe de 500.000 euros, polo que non sería suficiente.

A deputada pregunta tamén de onde saíron eses 500.000 euros que non están orzamentados en ningún sitio.

“A realidade é que o PP pechou en Ourense un hospital, ao final non foi Piñor que foi Toén, pero os ourensáns quedan con 71 camas hospitalarias menos para a demanda sanitaria da provincia de Ourense”, apunta.

A xuízo dos socialistas esta decisión agravará os problemas que xa hai de falta de camas, e que esta mesma semana puidemos ver con denuncias polo colapso de Urxencias.

A deputada socialista amosa a súa sorpresa polas declaracións da conselleira que afirmou que o estado do centro de Piñor estaba “moi deteriorado” cando o pasado ano estivo pechado tres meses para melloras diversas e cargos do PP, unha vez Eloína Núñez e outra Rosendo Fernández, Miguel Santalices e Miguel Abad, o presentaron “como se Piñor fora un hospital novo”.

Ademais, polo artigo 9 no regulamento da cámara pedirá as auditorías do hospital de Toén, dentro das realizadas no CHUO, relacionadas coa calidade dos servizos hostaleiros, área de mantemento integral e seguridade nos criterios de atención ao paciente e calidade seguidos neste centro sanitario, para coñecer de primeira man a realidade constatada por un servizo de auditoría externa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar