Acuña: “Feijoo debe cumprir os acordos parlamentarios sobre a utilización de lousa nas cubertas das edificacións de Galicia”

Acuña: “Feijoo debe cumprir os acordos parlamentarios sobre a utilización de lousa nas cubertas das edificacións de Galicia”

Acuña: “Feijoo debe cumprir os acordos parlamentarios sobre a utilización de lousa nas cubertas das edificacións de Galicia”

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento, para reclamar explicacións sobre o grado de cumprimento da proposta aprobada no Paramento por unanimidade, sobre a utilización de lousa nas cubertas das edificacións.

A deputada explicou que no pasado xuño de 2010 aprobouse unha iniciativa socialista no que se sinalaba que no trámite da aprobación dos planeamentos municipais se extreme o exame sobre as limitacións que poidan conter en canto a utilización da lousa como material de cuberta das edificacións, e para que se recomende aos concellos de Galicia en proceso de revisión do seu planeamento a que na súa normativa urbanística non inclúan disposicións contrarias á utilización da lousa como material de cuberta, e que informe adecuadamente aos concellos deste acordo.

Así as cousas Acuña quere coñecer si a Xunta informou adecuadamente destes acordos á Fegamp, e tamén quere saber cal é grado de cumprimento desta normativa.

A parlamentaria replicou que o acordo acadado por unanimidade na Cámara Autonómica “non era para obrigar á Fegamp senón ao Goberno de Feijoo”, subliñou. E criticou a actitude da representante autonómica “xa que non respondeu a ningunha das cuestións prantexadas”.

Acuña emprazou ao Goberno de Feijoo a cumprir os acordos da Cámara. E insistiu nas súas críticas  “Feijoo esta tan ocupado en facer oposición que non ten tempo para gobernar”. Por ultimo anunciou que volvera a rexistrar iniciativas parlamentarias para seguir co grado de cumprimento deste acordo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar