Acuña demanda solucións urxentes ao "descontrol e colapso" das urxencias no CHOU

Acuña demanda solucións urxentes ao "descontrol e colapso" das urxencias no CHOU

Acuña demanda solucións urxentes ao "descontrol e colapso" das urxencias no CHOU

A deputada do Grupo Parlamentario Carmen Acuña interveu no Pleno do Parlamento para reclamar explicacións sobre o descontrol e colapso das urxencias hospitalarias no CHUOU, cando hai camas nas plantas suficientes para ingresos.

A deputada ourensá dixo que os propios traballadores do Centro Hospitalario denunciaron a situación intolerable e indigna que estaban a vivir os pacientes deste servicio.

Lembra ademais que o Valedor do Pobo ven de anunciar que vai iniciar de oficio u

nha investigación antes estas denuncias.

Acuña afirma que a Xunta perde credibilidade cando di que todo vai ben “porque a cidadanía sabe perfectamente do colapso de urxencias, o hacinamento en condicións inhumanos a prolongación intolerable habendo camas baleiras, a derivación a outros centos, os ascensores estropeados, a supresión de cupos no Centro da cidade, e todo estao sazonado coa constantes dimisións dos responsables”. E insistiu “en Ourense solo queda a xerente e cada vez acumulando mais cargos”.

A parlamentaria preguntouse que ten que pasar coa sanidade en Ourense para que funcione. “Necesitamos solucións agora”, dixo. Nese senso demandou “que poña remedio a este desastre sen precedentes”.

Trala intervención da Consellería de Sanidade, Carmen Acuña lamentou que pense que os ingresos hospitalarios dende urxencias “se realizan sen criterios”, resumiu.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar