Acuña esixe solucións inmediatas para as mulleres afectadas polas próteses defectuosas

Acuña esixe solucións inmediatas para as mulleres afectadas polas próteses defectuosas

Acuña esixe solucións inmediatas para as mulleres afectadas polas próteses defectuosas

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña anunciou hoxe que rexistrou unha proposición no Parlamento para reclamar ao Goberno de Feijoo que inicie unha investigación para coñecer cantas mulleres e cales na nosa Comunidade Autónoma foron implantadas con ese material defectuoso.

Acuña tamén demanda que se inicie un programa de seguimento en Galicia da evolución desas próteses nas mulleres implantadas coas mesmas.

Na iniciativa rexistrada propón ademais que en canto se identifique algún problema nas mesmas se lles facilite de forma inmediata e gratuíta, a través dos centros hospitalarios da rede Sergas, a cirurxía que precisen para retirarlle esas próteses defectuosas. A deputada demanda que se poña outras no mesmo acto cirúrxico nos casos en que así se considere por motivos de saúde física ou psíquica.

A parlamentaria explica que rexistra esta proposta tras coñecer os problemas que están a ocasionar determinadas próteses mamarias nas pacientes, nas que foron implantadas con materias inadecuados e fraudulentos.

Argumenta que esas próteses foron implantadas en España, “pero descoñecemos exactamente o número de doentes que poden estar afectadas por este problema na nosa Comunidade Autónoma”.

Problema serio de saúde

Afirma que se trata dun problema serio de saúde e, ademais, de saúde pública e que agora vai máis alá da estética propiamente dita ao converterse nun problema de saúde para as portadoras das mesmas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar