Acuña esixe melloras urxentes na atención primaria en Galicia

Acuña esixe melloras urxentes na atención primaria en Galicia

Acuña esixe melloras urxentes na atención primaria en Galicia

A deputada do Grupo Parlamentario Carmen Acuña interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre a intención da Consellería de Sanidade de desmantelar a atención primaria en Galicia.

A deputada dixo que a atención primaria debe ser o eixe do s¡stema sanitario publico galego, pero “demagoxicamante o PP reserva este papel para o paciente”. Acuña afirma que este nivel asistencial “é o nivel mais rendible”, comparando o resultados cos recursos, e resulta fundamental “en época de crise”.

A parlamentaria advirte que dende a chegada de Feijoo ao Goberno de Feijoo “non parou de castigar a atención en primaria en Galicia”, e non aportou ningún compromiso “nin político, nin económico”, con este sector. E lembrou que recortou o seu orzamento nun 14%. Advirte ademais que paralizou tamén o Plan de Mellora na atención primara, que foi amplamente consensuado.

Sobre a accesibilidade na atención primaria, puxo enriba da mesa as denuncias feitas polos propios médicos, nas que afirman que hai 8 días nas listas de espera, nas que denuncian ademais os contratos por hora. Por iso sinala que o decreto de xestión integrada que propón Feijoo “parece mais ben xestión desintegrada”, espetou.

Acuña denuncia os problemas na atención primaria como demora na atención, falta de recursos e diagnósticos, pouca capacidade de resolución, profesionais desmotivados, plan de mellora desaparecido, preocupación pola reorganizacións dos PAC, ameaza de privatización dos centros de saúde e agora de broche o decreto de integración”.

E reclamou que “si queren integrar minimice a burocracia, aumente a resolución e substitúa e cubra vacantes a garante o traballo dos profesionais dese nivel en condicións dignas”. Advirte que os recursos de primaria “xestionados dende hospitalaria, non integran, desintegran”, como denuncian os propios facultativos.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Álvaro de Castro
    Febreiro 16, 2012 a 17:33

    Moitas grazas Dra.Acuña:
    É posible, que nos próximos meses e a tenor da recente publicación da OMC (Organización Médica Colegial) a propósito do sentir do noso colectivo, teñamos que oubir máis intervencións, como a súa, neste o noso Parlamento.
    Intervención, a súa, tan valente como fiel reflexo do que acontece con nós ( profesionais da saúde) nun sistema dinamitado por un grupo de “xestores” e “dirixentes” que lonxe de procurar un estado de benestar achégannos ó escenario dunha mediciña para pobres e outra para ricos…¿Ónde están os garantes constitucionais do dereito á saúde? Non preciso acudir á Demagoxia ( que o fagan os outros) para afirmar, como médico en activo, a precariedade á que nos están a someter e, por ende, as repercusións que isto vai ter no paciente. Todas as denuncias que Vd. reflexa son certas e constatables por quen queira investigar nelas. A realidade da provincia ourensá non se pode albiscar dende a torre da homenaxe dunha “xerente” que vive isolada no castelo do seu despacho hospitalario e axena ás revoltas dun gremio en alzamento e dunha sociedade farta de recortes.
    ¡ Pola defensa dunha sanidade pública e digna!!!!
    Álvaro de Castro. (Celanova)

Deixar a resposta

Pechar