Acuña esixe a dimisión da conselleira de Sanidade polo caso de nepotismo condenado polo TSXG

Acuña esixe a dimisión da conselleira de Sanidade polo caso de nepotismo condenado polo TSXG

Acuña esixe a dimisión da conselleira de Sanidade polo caso de nepotismo condenado polo TSXG

Carmen Acuña a Rocío Mosquera: “señora conselleira, por ética e por dignidade, adeus”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiu hoxe a dimisión da conselleira de Sanidade polo caso de nepotismo e “desvío de poder” condenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Acuña presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento polo nomeamento irregular do marido da conselleira como xefe de Cirurxía do Hospital de Santiago de Compostela.

A deputada socialista acusou á conselleira de “destrozar á sanidade pública” cos profesionais “de folga en folga” mentres “os tribunais están acusándoa de abuso de poder cuestionando a ilegalidade dos seus métodos”. Acuña dirixiuse a Rocío Mosquera para sinalarlle “señora conselleira, por ética e por dignidade, adeus”.

Considerou “intolerable nun país democrático ver ao presidente da Xunta xustificando o inxustificable, como xa fixo con Marcial Dorado –narcotraficante amigo de Feijóo- e a lo mellor sérvelle de adestramento cando teña que explicar o de Crespo”, en alusión ao ex secretario de Organización do PP imputado na Operación Gürtel.

Acuña esixiulle á conselleira que asuma “responsabilidades políticas” por canto “só lle queda pedir perdón e marchar, como xa lle está pedindo o conxunto da sociedade galega” e así poderá, ironizou, “dedicarse ao consello de administración do Porto de Ferrol do que tamén forma parte”.

Reclamoulle á conselleira que “deixe de agocharse detrás de Feijóo, da director xeral de Recursos Humanos e de Santalices –o portavoz de Sanidade do PP-, e dicirlle á Cámara que vai facer” diante dun comportamento condenado polo máximo tribunal de Galicia.

Lamentou así a negativa da titular de Sanidade a dar conta diante da Cámara dun caso de nepotismo “claro e xulgado”, e reclamou que compareza para “dar explicacións á cidadanía galega que é propietaria do posto que vostede lle regalou ao seu marido”. Lembrou que este caso súmase a un rosario de irregularidades denunciadas nos hospitais de Pontevedra, A Coruña, Vigo, Ourense, O Barco, Salnés e Santiago de Compostela.

Comisión

Acuña lembrou que o TSXG anulou o procedemento de selección do xefe de cirurxía que beneficiou ao marido da conselleira cando esta era xerente do Sergas, de quen dependían 5 dos catro membros da Comisión de avaliación que fixo a designación do cargo.

Sinalou que o alto tribunal evidenciou a “desviación de poder e evidente falla de motivación” nun proceso de selección para o que “sorprendentemente bastaron 30 minutos de deliberación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar