Acuña: "É indecente que o PP presente un hospital de futuro incerto en Ourense"

Acuña: "É indecente que o PP presente un hospital de futuro incerto en Ourense"

Acuña: "É indecente que o PP presente un hospital de futuro incerto en Ourense"

A deputada María del Carmen Acuña considera “indecente que o Partido Popular teña a desvergonza de presentar hoxe en Ourense un hospital do futuro cando o Plan Director do CHOU leva paralizado dende que chegou o PP ao Goberno”, “e efectivamente imos ver si o fan no futuro, pois nestes tres anos presentes non fixeron nada”.

A deputada explica que “o Plan Director do CHOU quedou licitado en 2009 polo goberno socialista, e por moita reprogramación da que falen para xustificar o retraso esta claro que é o mesmo proxecto só que catro anos máis tarde e ademais esperando que pague o veciño”.

Acuña recorda que as obras tiñan que haber comezado no 2010, e critica que “fronte ao nulo interese do PP pola provincia de Ourense e a súa sanidade tivo que vir o Ministerio de Ciencia e Innovación a xestionar e a que foran os fondos europeos os que trouxeran a solución ás carencias sanitarias do Ourense ante o abandono da Xunta, como demostra que non se leve feito nada ata agora que Feijóo fai este anuncio para non perder o financiamento europeo”.

“Ademais agora, e como se fora un gran logro, nos din que tardarán catro anos máis en levar a cabo o mesmo proxecto que xa quedara acordado e licitado polo goberno anterior, e iso se o paga Europa, pois o goberno de Feijóo non vai dedicarlle nin un euro, como por certo leva feito co CHOU nos orzamentos do 2010, 2011 e 2012”, sinala.

Neste sentido engade que “Ourense só serve a Feijóo como plataforma política da súa prima, a xerente do CHOU Eloína Núñez, e como campo de batalla coa familia Baltar”.

O PSdeG seguirá este proxecto tanto a través do Concello como dende o Parlamento pedindo a comparecencia da conselleira, para que explique que garantías ten de que Europa a partir do 2013 financie a reforma do CHUO, e que solucións nos van dar aos problemas insuficiencia de camas ata que ese suposto proxecto europeo sexa unha realidade.

Ademais, Acuña apunta que “nun intento de xustificar o abandono á provincia de Ourense, Feijóo fala do comezo das obras en setembro de 2013, ano no que non sabemos quen gobernará Galicia, nin por certo tampouco Europa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar