Acuña di que os dous anos do goberno de Feijoo evidencian a paralización da economía

Acuña di que os dous anos do goberno de Feijoo evidencian a paralización da economía

Acuña di que os dous anos do goberno de Feijoo evidencian a paralización da economía


A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña interveu na Comisión 6ª do Parlamento, para reclamar explicacións á Xunta sobre orzamento destinado ao sector da lousa para programas de I+D+i nestes dous anos de Goberno popular.

Alí acusou ao Goberno de Feijoo non facer nada por este sector “non se aprobou nin un so convenio, nin tampouco se impulsou ningunha iniciativa”. Nese senso preguntoulle ao Director Xeral de Industria si este era o seu gran compromiso coa Comarca de Valdeorras, xa que foi candidato nas eleccións municipais polo Partido Popular no Barco de Valdeorras. E criticou que na súa comparecencia non respondeu a ningunha das preguntas prantexadas en sede parlamentaria.

Acuña dixo que os dous anos de Goberno do PP en Galicia evidencian a paralización da economía e a industria da nosa Comunidade. E insistiu “ Feijoo é un bluf”.

Coas cifras na man a deputada ourensá asegurou que no ano 2009 as cifras de productos novos e mellorados en Galicia situarse nun 9.46%, mentres a media de España é 14.87%. E advirte que o gasto en innovación tecnolóxica descendeu con respecto ao ano 2008 nun 29.56%, ademais asegura que “cada ano imos a peor”.

Sobre o sector da lousa dixo que ten dous problemas graves que resolver: que facer cos residuos desta industria e como impedir a silicose. Afirma que a prevención é fundamental neste traballo, e dixo que precisan investigación e innovación para buscar solucións, e lembra o traballo desenvolvido na pasada lexislatura mediante varios convenios.

Acuña explicou que gracias ao traballo parlamentario o PSdeG conseguiu que a Xunta poña “data e día aos convenios prometidos para o sector da lousa en I+D+i”, proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar