Acuña di que o único lema que entende o PP sobre á sanidade pública “ é a privatización e o copago”

Acuña di que o único lema que entende o PP sobre á sanidade pública “ é a privatización e o copago”

Acuña di que o único lema que entende o PP sobre á sanidade pública “ é a privatización e o copago”


A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña interveu na Comisión 5ª do Parlamento, para defender unha proposición na que reclamou á Xunta asumir o financiamento de fármacos para deshabituacion do tabaquismo. Acuña solicitou ao Executivo Autonómico que se sume ao esforzo que supoñen os cambios na Lei fronte ao tabaquismo facilitando aos pacientes o financiamento destes medicamentos.

Nesta iniciativa parlamentaria, propón que o Sergas “estableza e xeneralice” en toda a súa rede os programas de deshabituación tabáquica, asegurando a atención e o seguimento dos pacientes que o soliciten”. Así mesmo, insta á Xunta a “exercer as súas funcións de control e inspección do cumprimento da Lei fronte ao tabaquismo”.

Reclama á Xunta que exerza as súas competencias para garantir o cumprimento desta Lei “en beneficio da protección da saúde dos cidadáns”. Tamén reclama ao Executivo autonómico que desenvolva “unha campaña informativa sobre os dereitos dos cidadáns á protección da saúde no que á prevención do tabaquismo se refire”. A proposta foi rexeitada polo PP.

No turno de replica Acuña afirmou que o único lema que entende o PP sobre a sanidade publica en Galicia é “privatización, é do único do que saben falar”. E aludiu ao peche de camas no verán e ao copago sanitario “esto é o que lles vai”, insistiu.

A deputada explicou na súa intervención que trala aprobación da Lei 42/2010, formulou os seguintes obxectivos:

-Profundar na formación pedagóxica sanitaria da prevención do tabaquismo.
-Protexer aos non fumadores, menores, as mulleres embarazadas e por suposto os traballadores e traballadoras da hostalería.
-Desenrolar unha normativa máis clara e detallada, sen espazo para diferenzas na interpretación e na aplicación da mesma, evitando distintas regulacións nas Comunidades Autónomas.
-Estender a prohibición de fumar a todos os espazos pechados de uso público especialmente locais de ocio e hostalería sen excepcións.

Dixo que dende o PSdeG consideramos necesarios eses cambios na lexislación unha vez comprobados os beneficios aportados trala entrada en vigor da anterior lexislación. Acuña relatou que nos dous primeiros anos de vixencia, máis dun millón de persoas deixaron de fumar en España (unha redución do 8%).

Sobre as ventas de tabaco explica que se reduciron nun 2,8%, e o número de cigarros vendidos por habitante e ano en España pasaron dos 2.160 do 2004 os 1.960 do 2008 (9,3% menos). No que atinxe aos niveis de nicotina ambiental dixo que “caeron nun 83% nos centros de traballo, e nun 53% nos bares e restaurantes”. E a exposición da poboación o aire contaminado por fumo do tabaco baixou nun 30%.

Pero a mellor nova ten que ver cos infartos de miocardio hospitalizados, xa que se reduciron nun ano nun 11% en homes, e nun 9% en mulleres, trala aprobación da lei.

Ademais asegura que “o gasto sanitario e social do tabaquismo en España se achega aos 17.000 millóns de euros con repercusión evidente e clara sobre o noso servizo de saúde autonómico”. E replica que “o tabaquismo é un claro factor negativo para a sostenibilidade do noso sistema de protección social e do noso servizo de saúde”.

Explica que en Galicia o grado de cumprimento da Lei foise incrementando paulatinamente. Pero advirte que na provincia de Ourense o 30% dos locais inspeccionados no ano 2010 incumprían aínda a lei.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar