Acuña denuncia que Feijóo privatiza a "escondidas" os servizos do Hospital de Ourense para entregárllelos a empresas foráneas ata 2029

Acuña denuncia que Feijóo privatiza a "escondidas" os servizos do Hospital de Ourense para entregárllelos a empresas foráneas ata 2029

Acuña denuncia que Feijóo privatiza a "escondidas" os servizos do Hospital de Ourense para entregárllelos a empresas foráneas ata 2029

Carmen Acuña sinala que esta nova decisión para Ourense xunto ca ampliación e mellora das condicións do concerto con Povisa de Vigo, durante as festas do Nadal, mentres recortan a sanidade pública evidencian a estratexia privatizadora do presidente galego

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe a nova licitación dos servizos do Hospital de Ourense, publicada no DOG o 31 de decembro, que supón a súa privatización para os próximos 15 anos e ademais nunhas condicións nas que só poderán acceder empresas foráneas. Esta decisión coincide coa substancial mellora do concerto co hospital privado vigués Povisa, que ven de ser blindado ata 2024.

Acuña denunciou que estas dúas decisións, unidas ao recorte drástico de orzamentos, persoal e servizos da sanidade pública marca a folla de ruta de Feijóo, que pasa por provocar o empeoramento da calidade dos servizos públicos para a continuación proceder á súa privatización, mais cara e con peor servizo e menores garantías para a cidadanía.

A responsable socialista advertiu que a licitación dos servizos de seguridade, limpeza, mantemento e subministro enerxético do hospital de Ourense supón un “novo intento de Feijóo e a súa curmá, xerente do CHUOU, de privatizar o centro ao vender os servizos a cambio da súa construción, privatizando o Plan director”.

Explica que este contrato, que polas súas características resulta vetado ás empresas galegas, supón un “novo ataque e desprezo de Feijóo ao tecido empresarial galego”. Subliñou que o presidente da Xunta “privatiza o hospital e ademais se asegura, tal e como fixo con NGB, que non poida quedar en Galicia”.

Acusa ao presidente da Xunta mesmo de ter feito ouvidos xordos ao Ministerio de Industria fronte a unha licitación “excluínte e discriminatoria” para o tecido empresarial galego. Explicou que, de acordo con este contrato, a empresa beneficiaria da adxudicación deses servizos terá que asumir a financiación da construción do Plan Director do centro, e recorda que unha licitación semellante xa “fracasou rotundamente” o ano anterior.

A nova licitación, pasa de durar 10 a 15 anos, e por un importe de 225 millóns de euros cubrira a limpeza a seguridade o mantemento e o consumo enerxético dos edificios do Nai, do Cristal e Piñor, pero a cambio o contratista terá que poñer 14 millóns de euros para a construción do Plan Director do centro hospitalario.

A portavoz socialista de Sanidade sinala que o goberno galego quere “xogar” coa cidadanía ourensá con “falsas promesas sobre o Plan Director ,mentres pon en perigo os fondos europeos,con esas formulas privatizadoras tan complexas ” .Recorda que os fondos europeos tiñan un prazo 2013 que xa rematou e que só poderán contar, “con sorte”, con seis meses de prórroga.

Povisa

Carmen Acuña advertiu que a coincidencia deste contrato coa ampliación da concesión a Povisa cunha mellora substancial das condicións mentres a sanidade pública ve cada ano cómo a Xunta recorta orzamentos e persoal, o que supón unha peor atención á cidadanía e un maior gasto global con cargo aos fondos públicos.

Dixo que o goberno galego reduce a poboación que ten que ser atendida en Povisa mentres aumenta o custe do contrato durante os próximos dez anos, o que resulta “lamentablemente coherente coa estratexia privatizadora que está a aplicar a dereita en tódolos servizos públicos”.

Advirte que Feijóo, coa construción privada do novo Hospital de Vigo, a ampliación do acordo con Povisa e a privatización dos Servizos e o plan director de Ourense xa ten conseguido privatizar a sanidade no sur de Galicia

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar