Acuña denuncia que “doentes galegos deixan o seu tratamento por motivos económicos” e piden un informe “de fármacos prescritos e non retirados das farmacias”

Acuña denuncia que “doentes galegos deixan o seu tratamento por motivos económicos” e piden un informe “de fármacos prescritos e non retirados das farmacias”

Acuña denuncia que “doentes galegos deixan o seu tratamento por motivos económicos” e piden un informe “de fármacos prescritos e non retirados das farmacias”

“Os copagos e repagos afectan ao cumprimento terapéutico e aumentan os ingresos hospitalarios”, asegura Carme Acuña

Na Comisión de Sanidade do Parlamento, o PP rexeita a creación dunha unidade de reumatoloxía infantil multidisciplinar de referencia en Galicia

Os socialistas galegos denunciaron hoxe de novo no Parlamento que “moitos doentes deixan o seu tratamento por motivos económicos” ao non poder pagar os fármacos que lles prescriben os médicos.

“Desde o decreto 16/2012 e as sucesivas modificacións normativas sobre financiamento de fármacos, aumentaron de forma considerable os incumprimentos terapéuticos por parte de persoas que non poden facer fronte ao prezo dos medicamentos”, asegurou a portavoz de Sanidade do PSdeG, Carme Acuña.

“Os copagos e repagos provocan que doentes crónicos deixen de tomar as mediciñas e isto leva a un aumento dos ingresos hospitalarios, así como o risco de ictus ou infartos”, manifestou Acuña, que demanda á Xunta “un informe de fármacos prescritos e non retirados das farmacias polos doentes”. O PP aceptou a realización deste informe sempre e cando recolla tamén os datos anteriores á entrada en vigor do decreto 16/2012.

Os socialistas advirten de que os colexios farmacéuticos e os facultativos xa deron a voz de alarma, con datos que reflicten que un de cada catro médicos ten algún paciente que deixa de tomar fármacos por motivos económicos.

Na mesma Comisión de Sanidade, os socialistas demandaron a creación dunha unidade de reumatoloxía infantil multidisciplinar de referencia en Galicia, una iniciativa que foi rexeitada polo PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar