Acuña denuncia “arrogancia e prepotencia” no PPdeG ao rexeitar no Parlamento repoñer as gardas de cirurxía pediátrica en Ourense

Acuña denuncia “arrogancia e prepotencia” no PPdeG ao rexeitar no Parlamento repoñer as gardas de cirurxía pediátrica en Ourense

Acuña denuncia “arrogancia e prepotencia” no PPdeG ao rexeitar no Parlamento repoñer as gardas de cirurxía pediátrica en Ourense

Carmen Acuña critica a “incoherencia” do PP que vota no Parlamento en contra da mesma iniciativa que apoia en Ourense

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle hoxe á Xunta que repoña as gardas de cirurxía pediátrica en Ourense a través dunha proposición non de Lei que rexeitou o PP na Comisión de Sanidade do Parlamento. A deputada socialista criticou a “incoherencia” do PP ao rexeitar no Parlamento a mesma proposta que apoiara en Ourense.

A deputada ourensá reclamoulle ao PP que “escoiten á cidadanía ourensá que está a dicir que non quere un servizo compartido con Vigo e que non queren que os seus nenos e nenas anden tirados polas estradas e que queren o mesmo servizo que en Vigo e A Coruña. Reclamoulle ao PP que explique “quen se vai facer responsable si temos a desgraza de que lle suceda algo a un neno ou nena”.

Acuña apelou directamente á “incoherencia” do portavoz de Sanidade do PP, o ourensán Miguel Santalices, que interveu para rexeitar esta proposta que o PP previamente apoiara en Ourense. Criticou que o PP votara hoxe en contra desta proposta logo de que “se lles enche a boca de ourensanía” mentres se negan a repoñer un servizo que vén de ser retirado pola Xunta.

Explicou que mentres na Coruña hai un cirurxián por cada 4.000 menores, en Ourense hai un por cada 15.000 menores logo da supresión das gardas de cirurxía pediátrica aproveitando unha xubilación e un traslado forzoso no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Dixo que esta decisión “non lle gusta á cidadanía, tampouco lle gusta ao PP de Baltar nin ao tío do conselleiro Rueda, o cirurxián xubilado forzosamente”.

Criticou que con esta decisión Feijóo “xunto co menor ourensán que ten que ser intervido en Vigo manda a esta cidade a toda a súa familia, que non pode compatibilizar un ingreso co seu traballo, sen ter en conta as distancias nin as pésimas vías de comunicación da provincia”.

A responsable socialista sinalou que “non é de recibo” que un rapaz cun dor abdominal ou unha torsión testicular teña que desprazarse dende O Barco a Vigo poñendo en risco a súa saúde e mesmo a súa vida pola longa distancia co centro hospitalario.

Desmantelamento

Denunciou que esta decisión forma parte do proceso de desmantelamento da área hospitalaria de Ourense que vén de encetar o goberno galego con Feijóo á cabeza e que comezou coa paralización do Plan Director do CHUOU, que continúa con un só baño por cada 6 doentes, a supresión do Hospital de Toén, a supresión das gardas de farmacias ou o recorte drástico na dotación dos centros de saúde do rural.

Denunciou a “rapidez” amosada polo goberno galego para pechar e recortar os servizos sanitarios que, en contraste coa parálise da remodelación das infraestruturas sanitarias, decidiu non repoñer ao persoal, disparando as listas de espera, aplicar “pagos, copagos e repagos” e ofrecendo unicamente contratos mensuais aos novos facultativos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar