Acuña denuncia a “descapitalización e desmantelamento” do persoal médico no sistema sanitario público polo goberno galego

Acuña denuncia a “descapitalización e desmantelamento” do persoal médico no sistema sanitario público polo goberno galego

Acuña denuncia a “descapitalización e desmantelamento” do persoal médico no sistema sanitario público polo goberno galego

Carmen Acuña advirte que o PP “destroza o sistema público” coa xubilación masiva de 800 médicos, mentres prevé que a OPE incorpore so a 176

Sinala que os médicos expulsados da sanidade pública son recollidos pola medicina privada “coñecedora do potencial económico do seu prestixio”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe a “descapitalización e desmantelamento” do persoal médico no sistema sanitario público polo goberno galego. Así o dixo no debate dunha pregunta en Comisión parlamentaria, logo de que a Xunta confirmara a xubilación de 800 médicos entre 2009 e 2015 para repor na próxima OPE só 176.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de “destrozar o sistema público” a través dunha “xubilación masiva”,xubilaron a 256 entre xaneiro e setembro deste ano ,ao tempo que limitan as prazas de Médicos Internos Residentes. Dixo que esta estratexia suporá que “a medio prazo non imos ter profesionais de medicina” formados para traballar no sistema público, mentres a curto prazo “diminúen a calidade e a cantidade”.

Acuña advertiu que así o confirma a resposta do goberno galego, que confirmou que ás 500 xubilacións rexistradas xa haberá que sumarlle 290 mais nos anos 2014 e 2015 , co que “temos 800 vacantes mentres na Oferta Pública de Emprego só contemplan cubrir 176 prazas”.

A responsable socialista acusou á Xunta de atacar “primeiro ao doente: adeus á universalidade e ola aos repagos e aos asegurados”, logo ás infraestruturas “adeus ás públicas e ola ás privadas” e “agora son os profesionais: adeus á excelencia e ola ás xubilacións e á redución de salarios”.

Xubilación forzosa
Dixo que o goberno galego está provocando a “xubilación forzosa e masiva” dos profesionais sanitarios negando a ampliación do seu exercicio profesional mais alá dos 65 anos deixando ademais as prazas vacantes ou “directamente utilizándoas para amortizar as prazas como fan en atención primaria”.

Acusou á Xunta de executar un “ERE descapitalizador do sistema sanitario público” en cantidade e calidade, “botando fora á elite dos profesionais”, xa que mentres podían ampliar o exercicio ata os 70 anos, hoxe son “botados de mala maneira, empuxados a marchar para que os absorba o sistema privado”. Lembrou así que o médico que operou ao Rei é un “profesional galego famoso de 71 anos” que traballa nunha clínica privada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar