Acuña defende medidas de control do gasto sanitario para garantir o carácter público, gratuíto e universal da sanidade

Acuña defende medidas de control do gasto sanitario para garantir o carácter público, gratuíto e universal da sanidade

Acuña defende medidas de control do gasto sanitario para garantir o carácter público, gratuíto e universal da sanidade

A parlamentaria socialista, Carmen Acuña, ven de defender no Pleno da Cámara unha proposición non de lei na que se insta á Xunta á monitorización do gasto sanitario da nosa Sanidade, reforzando políticas que tendan a reducilo pero, sen recortar nin os dereitos dos cidadáns nin dos e das traballadoras sanitarias, apoiando adecuadamente a prescripción sensata por principio activo así como procurando o control do gasto das farmacias hospitalarias e garantindo por encima de todo o carácter público, gratuíto e universal da Sanidade Pública galega.

A deputada socialistas afirmou que “a realidade é teimuda, e hai que renderse á evidencia de que tanto en Galicia como en España, co PP estamos peor”, agora, insiste, “os mercados mandan máis, de feito ata ocupan algún ministerio”. Segundo Acuña, “a empresa sanitaria manda tanto na nosa Sanidade Pública que ata xestiona a consellería”.

En Galicia todo isto “non nos sorprende”, continúa, porque “levamos tres anos de recortes nos dereitos das persoas e na parálise e incapacidade máis absoluta no relativo á xestión económica, sazonado de corrupción no Igape, de despilfarro nos altos cargos, de gastos millonarios en publicidade e de desmantelamento e privatización dos servizos públicos”.

Rexeita as acusacións dos populares sobre alarmismo, cando “é o propio presidente da Xunta dicindo que non é sostible o Sistema Sanitario, e ademais di que é imprescindible reorganizalo”. Agora sabemos, di Acuña do Campo, que “o que quere dicir Feijóo é que hai que recortalo, privatizalo e implantar o copago”.

A iniciativa socialista pretende, segundo a parlamentaria ourensá, deixar moi claro “como é verdadeiramente o estado das contas e qué dereitos debemos blindar nesta situación de crise”. Para elo se debe partir dunhas contas claras.

Os socialistas queren deixar sentado que, “ata o de agora, a nosa Sanidade foi boa, barata e sostible e ten que seguir sendo pública, gratuíta e universal”.

Acuña do Campo esixiu ao Goberno de Feijóo que escoite as denuncias dos Colexios de Médicos e Médicas, que se teñen unido para “denunciar a crítica situación á que temos chegado”. Segundo este colectivo, os recortes sanitarios afectando á calidade asistencial. Afirman que é necesario preservar un modelo sanitario que leva funcionando perfectamente desde fai case 30 anos e serve de referencia a outros países.

Para a deputada socialista recrimina ao Goberno galego que “non podemos seguir así, cos traballadores na rúa, a cidadanía preparando unha iniciativa lexislativa popular e o Valedor do Pobo investigando de oficio”. Advirte ao PP que, no presente estado da situación, “isto non o van para con ameazas”.

Para a parlamentaria socialista propón monitorizar o gasto. Acusa ao Goberno de agochar os números e esixe que se fagan auditorías propias, “queremos ver os nosos números, non os de Farmaindustria ou os de Madrid”, dixo. Instou a mellorar o gasto en Farmacia hospitalaria, apoiar a prescripción por principio activo, e a revisar a utilización dos recursos tecnolóxicos, onde se poden aforrar 30.000 millóns de euros, e potenciar a Atención Primaria.

Lamentou que o PP estea a aplicar na Xunta e agora no Estado a política sanitaria “propia da dereita: deteriorar o sistema público para potenciar e dar xogo ás empresas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar