Acuña critica que “os continuos recortes da Xunta do Partido Popular conculcan os dereitos dos doentes de saúde mental”

Acuña critica que “os continuos recortes da Xunta do Partido Popular conculcan os dereitos dos doentes de saúde mental”

Acuña critica que “os continuos recortes da Xunta do Partido Popular conculcan os dereitos dos doentes de saúde mental”

A deputada Carmen Acuña denuncia o peche de hospitais psiquiátricos e as deficiencias para a atención de maiores o menores

A portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Acuña, lamentou hoxe na Comisión de Sanidade que “os continuos recortes da Xunta do Partido Popular conculcan os dereitos dos doentes de Saúde Mental”.

Nunha pregunta ao director xeral de Asistencia Sanitaria da Xunta, Félix Rubial, a deputada socialista lembrou o incremento da taxa de suicidios en Galicia pola crise económica, “mentres as deficiencias para a atención de maiores e menores en Saúde Mental medran tamén de forma constante”.

Acuña referiuse á Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto-Xuvenil aberta fai máis de ano e medio no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, “que foi deseñada para dar cobertura a ingresos de carácter breve ata os 16 anos, e para elo dispón de sete camas e dunha dotación de seis enfermeiras, das que unicamente dous son enfermeiras especialistas en Saúde Mental”.

“Esta dotación está moi afastada do recollido no Plan de Saúde Mental de Galicia, tanto no relativo a camas, que recolle unha cama por cada 100.000 menores de 12 anos, como a número de profesionais”, afirmou a portavoz de Sanidade socialista.

Os socialistas, que apoian as reivindicacións do Movemento Galego de Saúde Mental, consideran que o coidado dos maiores con trastornos mentais tampouco é o adecuado en Galicia a día de hoxe.

Rubial falou da súa inclusión no Plan Marco Sociosanitario, o que segundo o PSdeG provoca que doentes de Saúde Mental estén sendo ingresados nas residencias da Terceira Idade, “onde non teñen os medios adecuados para a súa atención”, sostén Acuña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar