Acuña critica as solucións parche ao colapso do CHOU

Acuña critica as solucións parche ao colapso do CHOU

Acuña critica as solucións parche ao colapso do CHOU

A deputada María del Carmen Acuña critica o traslado de camas dende o hospital Cristal ao Santa María Nai, unha nova solución parche ante o previsible colapso do CHUOU como consecuencia do pico da gripe.

A deputada censura “a ocorrencia de hoxe de trasladar as camas dun centro a outro”, e explica que “esta situación é consecuencia da mala xestión, cando para solucionar un problema xeraron outro maior”, en relación ao peche de Piñor como centro de atención hospitalaria trala súa conversión en psiquiátrico.

Acuña sinala que “esas camas se están ubicando en calquera recuncho que atopan, especialmente na terceira planta, onde o deterioro é tal que pola abundancia de buratos no chan hai que mirar ben onde se pisa”.

Ademais, están poñendo dúas camas en habitacións individuais, coa conseguinte incomodidade dos pacientes, e incluso se habilitan como habitacións despachos médicos baleiros que non contan coa dotación de osíxeno e aspiración habitual en todas as habitacións hospitalarias, nin cuarto de baño.

Outro problema destas habitacións obsoletas é que en vez de duchas teñen bañeiras pequenas que imposibilitan unha hixiene completa dos anciáns, porque as grúas para estas bañeiras xa non se utilizan.

“Pola súa falta de previsión e a súa mala xestión están condenando a estas persoas a non poder ter unha boa hixiene ata que marchan para a súa casa e a ter unha sanidade pública de segunda categoría”, afirma.

Por último pregunta “por que non abren aquela planta colchón de Piñor que o PP poñía como solución aos colapsos sanitarios cando se advertía que o seu peche eliminaba camas hospitalarias. Lamentablemente o tempo estanos a dar a razón”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar