Acuña critica a falla de actuacións de Sanidade ante o permanente colapso das urxencias do CHOU

Acuña critica a falla de actuacións de Sanidade ante o permanente colapso das urxencias do CHOU

Acuña critica a falla de actuacións de Sanidade ante o permanente colapso das urxencias do CHOU

A deputada socialista María del Carmen Acuña manifestou “o estupor e a preocupación” dos socialistas ante as respostas da conselleira de Sanidade durante o último pleno respecto da situación de “permanente colapso de Urxencias do CHUOU”.

Acuña explicou que esta situación de colapso enténdese polo aumento das listas de espera e o repunte do pico da gripe, pero que en Ourense o servizo de Urxencias xa estaba antes colapsado pola decisión da xerencia de non ingresar aos pacientes pese a haber camas vacías.

“Simplemente decidiron non usalas”, dixo, algo que está sendo investigado de oficio polo Valedor do Pobo por ser “intolerable e sen precedentes”.

Neste sentido engadiu que a mesma tarde na que se denunciou o “hacinamento” de pacientes en Urxencias foron derivadas ata 9 ambulancias a centros concertados.

O noso estupor débese a que cando se piden explicacións por esto, pola supresión de

camas de pediatría que se reconverten en camas para crónicos, pola amortización dunha prza de primaria nun centro de saúde do centro de Ourense, por converter despachos médicos en habitacións, habitacións dobres en triples e as triples en cuádruples, a resposta de Mosquera é “que todo vai moi ben na sanidade e nas Urxencias de Ourense”.

“Solicitamos que por favor intervira para rematar con este despropósito, pero desgrazadamente a conselleira non asume a súa responsabilidade e nos abandona á nosa sorte”, dixo, “esperamos que despois da actuación do Valedor se decidan ou lles obrigue a actuar”.

Con respecto ás gardas das farmacias no rural, dixo que “o PP na Xunta está a sacrificar o rural, co silencio cómplice dos alcaldes populares, para compensar esa perda que están a ter as farmacias debido á demora do pago dos medicamentos por parte da administración e tamén ao aforro logrado co cataloguiño de fármacos”.

Un aforro que precisamente “non sabemos ónde está”, porque tiña que invertirse en atención primaria e non se está facendo”.

Lembrou que “o PP votou en contra dun servizo sanitario” ao non apoiar unha iniciativa do BNG que o PSdeG apoia “sen reparos”, e insistiu en que “unha farmacia non é unha tenda calquera”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar