Acuña afirma que o novo reparto de áreas sanitarias da a puntilla a Vigo, o Salnés e Pontevedra, históricamente maltratadas polos gobernos do PP

Acuña afirma que o novo reparto de áreas sanitarias da a puntilla a Vigo, o Salnés e Pontevedra, históricamente  maltratadas polos gobernos do PP

Acuña afirma que o novo reparto de áreas sanitarias da a puntilla a Vigo, o Salnés e Pontevedra, históricamente maltratadas polos gobernos do PP

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña censurou o transvase de doentes do Sur ao Norte e advirte que a cidadanía e os profesionais están en armas contra esta medida, porque temen que, tras os doentes, irán os recursos e se perda calidade, tecnoloxía e mesmo afecte á docencia na área de Vigo

Convidou ao director xeral de Asistencia Sanitaria a participar nas manifestacións convocadas hoxe en Vigo e mañá en Pontevedra por unha cidadanía que se sinte a bolsa de poboación que alimenta as instalacións que os Gobernos populares colocan no Norte

A portavoz socialista de Sanidade, Carmen Acuña, afirmou hoxe, durante unha pregunta en Comisión parlamentaria, que o novo reparto das áreas sanitarias supón “a puntilla para os cidadáns de Vigo, Pontevedra e o Salnés, xa histórica e tradicionalmente maltratados”.

A deputada do PSdeG denunciou que “o Sur está en armas contra esta instrución que modifica o mapa sen consultar a ninguén” e que provoca un “transvase de doentes do Sur ao Norte”. A cidadanía do Sur de Pontevedra “séntese a bolsa de poboación que alimenta e mantén as instalacións que os Gobernos populares colocan no Norte”.

A zona Norte, explicou a parlamentaria, quedará con 1.800.000 doentes e o Sur con algo menos de 900.000, “algo que non parece moi equilibrado”, dixo Acuña. “Vaise inflar con 300.000 persoas a área sanitaria de Santiago e non sei cal é a razón”.

Moitas das cirurxías,a oncoloxía, neuroloxía ou fecundación in vitro, que as xentes de Pontevedra e O Salnés tiñan ao lado da casa, en Vigo, terán agora que desprazarse ata Santiago.

Especialmente afecta esta decisión ao Salnés, cuxa poboación de doentes terá que desprazarse a Pontevedra, Montecelo ou Povisa segundo a especialidade, e para outras terán que vir a Santiago.

DESARRAIGO PARA OS PACIENTES E RISCO DE PERDA DE CALIDADE DA SANIDADE

A portavoz socialista de Sanidade salientou que a sensación das áreas afectadas é que “detrás dos doentes irán os recursos”. Acuña fíxose eco da preocupación dos profesionais da Sanidade pola “descapitalización do CHUVI a través de recortes económicos, humanos, materiais e que incluso se poida prexudicar á docencia e á calidade e a tecnoloxía da área sanitaria de Vigo”.

A cidadanía ten “un cabreo monumental”. A deputada socialista convidou ao director xeral de Asistencia Sanitaria que se achegue ás manifestacións que para esta tarde está convocada en Vigo e para mañá en Pontevedra.

Estes traslados traen “desarraigo para o doente, problemas para que a familia compaxine traballo e compañía”, dificultades “difíciles de entender cando poderían recibir os tratamentos ao lado da casa”.

Os socialistas encadran a medida impulsada polo Goberno de Feijóo na pretensión dos populares de “adelgazar agora os hospitais provinciais”, logo de recortar “a través da área integrada, a atención primaria e os comarcais, xa vai quedando menos, non?” preguntou Acuña. “Creo que a zona Sur non se merece este trato por parte do Goberno de Feijóo”, afirmou.

Acuña do Campo censurou a estratexia do Goberno galego de “quitar a prestación para logo dicir que teño que trasladar os pacientes”, como pasou no caso da cirurxía pediátrica no CHUO.

Os cidadáns de Vigo “viven alí, non en Santiago”, onde a área da cobertura a 450.000 habitantes. Polo tanto, conclúe a deputada do PSdeG, “hai que darlle a prestación alí”. “Non se pode aplicar a doutrina Cospedal, consistente en que se non teño o servizo en lugar de dotar a área traslado os doentes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar