Acuña acusa ao PP de “vender a sanidade pública"

Acuña acusa ao PP de “vender a sanidade pública"

Acuña acusa ao PP de “vender a sanidade pública"

A parlamentaria socialista Carmen Acuña acusou ao PP e á Xunta de “vender a sanidade pública” e “poñer en risco” a atención sanitaria aplicando o financiamento público – privado. Así o dixo no debate dunha moción para que a Xunta renuncie a esta modalidade de financiamento nas infraestruturas comprometidas no Plan Estratéxico do Sergas 2014.

Acusou ao PP de “vender a sanidade pública” xa que, dixo, logo de estimar que a construción de 19 centros de saúde custaría un total de 60 millóns de euros, ao aplicar o sistema público – privado este custe ascende a 233 millóns de euros en varias anualidades que “regalarán” a unha única empresa concesionaria. Criticou que a Xunta non teña anunciado “nin cando nin onde nin por qué” van facer os centros deste xeito.

Acuña advertiu que o pago do canon anual á empresa adxudicataria impedirá asumir o pago do gasto corrente da sanidade. Criticou que “para vostedes vale todo para intentar xustificar o inxustificable”, e engadiu que “non vale mentir, non vale enganar sobre a transparencia, sobre a eficacia e moito menos sobre a sostenibilidade do sistema público de saúde porque a mentira resulta temeraria e ademais non se sustenta”.

Dixo que a realidade é que a promesa é “fume” porque “os centros que realmente van facer son cero” e acusounos de “mentir coas listas de espera, mentir co catálogo de medicamentos, mentir coas peonadas e co suposto consenso na sanidade pública” mentres a conselleira “plantea outras solucións como o copago, a fiambreira ou a póliza privada para completar prestacións”.

A responsable socialista esixiu que a Xunta invista “en servizos que garanten dereitos” manténdoos baixo financiamento público, e lembrou que o financiamento público – privado supón aplicar criterios empresariais á prestación dun servizo social fundamental, diminuíndo a súa calidade.

Os socialistas reclamaban hoxe á Xunta “renunciar definitivamente á aplicación da fórmula PFI á construción das novas infraestruturas comprometidas no Plan Estratéxico do Sergas 2014 demostrando con esta medida o compromiso do Goberno do PP na Xunta de Galicia coa sostenibilidade, coa transparencia e coa eficacia na xestión do sistema sanitario público galego”.

Catálogo de medicamentos

A responsable socialista reclamou á Xunta que faga os centros sanitarios unicamente con financiamento público “empregando os 1.500 millóns de euros que deixaron sen licitar” en 2010 e censurou que “vaian tan sobrados que se permitan luxos prescindibles, como destinar 2 millóns de euros do Sergas a publicidade.

Tamén lembrou os 29 millóns de euros que “supostamente” aforraran co catálogo de medicamentos nos tres primeiros meses do ano, dos que 11 correspondían a marzo “cando en marzo o catálogo estaba suspendido polo Tribunal Constitucional”. Dixo que así se demostra que o aforro “foi mais ligado á baixada dos prezos dos medicamentos imposta polo Ministerio de Sanidade nese mes que ao catálogo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar