Acuña acusa ao PP de “perxudicar a doentes e profesionais” coa modificación do actual mapa sanitario

Acuña acusa ao PP de “perxudicar a doentes e profesionais” coa modificación do actual mapa sanitario

Acuña acusa ao PP de “perxudicar a doentes e profesionais” coa modificación do actual mapa sanitario

“É un asunto moi grave, no que gañan as empresas próximas ao poder e perden os cidadáns”, asegura a deputada socialista Carmen Acuña

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao Partido Popular de “perxudicar a doentes e profesionais” tras rexeitar unha proposición non de lei na que instaba á Xunta a que mantivera o actual mapa sanitario, anulando a reestructuración da asistencia posta en marcha polo Goberno de Feijóo.

Os socialistas criticaron a instrucción da Consellería de Sanidade que divide Galicia en tres grandes áreas, as de Santiago, Vigo e A Coruña. “Trátase dunha distruibución que perxudica aos cidadáns e na que só gañarán as empresas e os profesionais próximos ao poder”, afirmou Acuña no pleno do Parlamento.

“O único que pretende a rezonificación asistencial que fixo a escondidas o Goberno de Núñez Feijóo sen consultar a ninguén é dar negocio ás empresas privadas e premiar aos amigos con postos e xefaturas”, dixo a portavoz de Sanidade socialista, que lamenta que “non foi consultada nin cos profesionais do sector, nin coas forzas sociais nin sindicais, nin por suposto coas forzas políticas desta Cámara”.

O Grupo Socialista sostén que a modificación do mapa sanitario galego condena a non medrar aos hospitais provinciais de Pontevedra, Ourense, Ferrol e Lugo, e sen dúbida será a morte para os comarcais. “Supoñemos que neste desigual reparto terá moito que ver que o sur de Galicia, co maior número de habitantes, continúa sen embargo cunha dotación insuficiente que o novo hospital ‘privado’ de Vigo ou o novo convenio con Povisa non van solucionar”, apuntou Acuña.

“Os grandes perxudicados serán sen ningunha dúbida os doentes, que terán que asumir desprazamentos máis longos, como os enfermos de Salnés e Pontevedra, que antes eran derivados a Vigo e agora terán que ir a Santiago”, dixo a deputada socialista.

“Queremos dicirlle ao PP que xa está ben, que escoiten á xente, nós estaremos cos cidadáns nas manifestacións, pero a pregunta dos socialistas é onde e con quen vai estar o Partido Popular”, engadiu Carmen Acuña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar