Acuña acusa ao PP de aprobar unha Lei do Deporte pobre e inútil, limitada ao deporte federado e á sanción da dopaxe

Acuña acusa ao PP de aprobar unha Lei do Deporte pobre e inútil, limitada ao deporte federado e á sanción da dopaxe

Acuña acusa ao PP de aprobar unha Lei do Deporte pobre e inútil, limitada ao deporte federado e á sanción da dopaxe


A parlamentaria socialista, Carmen Acuña, considera que o proxecto de Lei do Deporte, debatido hoxe en Pleno e aprobado pola maioría popular, “chega tarde e nace mal, non conta co consenso preciso e representa un novo fracaso, un quero e non podo” do Goberno galego.

A portavoz de Deportes do Grupo Socialista reprochou ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, “conselleiro do ramo, que, como seguro que coñece o texto, non lle parece interesante”.

Acuña lamentou que, partindo da idea común da necesaria reforma da lei de 1997, se perda a oportunidade que estableza un marco adecuado para o deporte en toda a súa extensión, útil e suficiente, de interese público e que atendera tamén á actividade física. Acusa aos populares de “eliminar dun plumazo” a actividade física, deixando esta lei reducida a “un mero regulamento do deporte federado cun amplo réxime sancionador para controlar e reprimir a dopaxe e a violencia”.

Os socialistas “queríamos unha lei comprometida”, insistiu. Unha lei moderna que recollera as necesidades presentes e futuras, que enmarcara e amparara aos axentes do deporte, profesionais, deportistas e tecido asociativo. Unha lei que, dadas as circunstancias económicas, “contemplara a as oportunidades do deporte galego como xerador de riqueza, como xerador de emprego, como xerador de turismo, aliándose ao noso medio natural”, dixo.

Acuña defendeu a proposta socialista dunha lei que contemplara os verdadeiros “piares do deporte: o deporte de base e o deporte escolar”. “Acaso non se trataba de garantir o deporte para toda a cidadanía?”, inquiriu a deputada socialista ao Grupo Popular, ao que recriminou que, en campaña electoral e nos discursos do presidente Feijóo falaran do deporte para toda a vida. A parlamentaria ourensá recriminou aos populares de falar unha cousa pero logo lexislan outra e demostraron que o único que lles interesa é o deporte federado.

En Galicia, insistiu Carmen Acuña, “non queremos nin podemos renunciar a converter o deporte nun novo dereito achegándoo a toda a cidadanía”.

O PP “impediu que ese consenso se lograra” rexeitando emendas socialistas relativas a garantir a participación da muller en todos os ámbitos da práctica deportiva e a igualdade non méritos e recoñecementos. Fomentar unha axeitada protección dos deportistas a través do sistema sanitario público e dos sistemas de proteccións social mutualista; ou a que se trataba de recoller a protección dos profesionais “os grandes esquecidos deste texto”, para os que os socialistas pedían a esixencia de cualificación específica e axeitada para os profesionais responsables das actividades físicas e deportivas acorde co grao de complexidade das súas funcións e tarefas, así como a elaboración dun rexistro de profesionais.

Acuña rematou insistindo en que o PP acabou aprobando en solitario un texto sen incorporar as achegas desde o mundo do deporte galego, que non contempla a actividade física, nin os piares do deporte, o escolar e o de base, que non contempla aos profesionais e nin sequera recolle o tecido asociativo tal e como é na realidade. En definitiva, un proxecto de lei “pobre, inconexo e inútil, que non serve para o conxunto do deporte galego”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar