Acuña acusa á Xunta e ao PP de “deixar xente sen medicación e sen atender por non ter cartos”

Acuña acusa á Xunta e ao PP de “deixar xente sen medicación e sen atender por non ter cartos”

Acuña acusa á Xunta e ao PP de “deixar xente sen medicación e sen atender por non ter cartos”

Carmen Acuña acusa ao PP de estar “mais preocupados da instalación de caixeiros nos hospitais que das persoas” e esixe “feitos” para garantir atención sanitaria e en igualdade

MedicamentosA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou ao PP e á Xunta de “deixar xente sen medicación e sen atender por non ter cartos”, logo de impoñer o repago na sanidade pública. Acuña presentou no Pleno de hoxe unha proposición non de Lei en contra da desprotección contra a enfermidade por razón de recursos económicos.

Acuña acusou ao PP de “estar mais preocupados de poñer caixeiros nos corredores dos hospitais que polas persoas” xa que defenden que en Galicia “quede xente sen atender ou sen medicación por non ter cartos” logo da imposición do repago na sanidade pública. Advertiu que “cada vez hai mais persoas enfermas sen recursos” e reclamou que destinen os fondos “mellor en curar á xente que en enterrala”.

Reclamou “feitos” e o respaldo do goberno galego para “frear insuficiencias insolidarias” xa que, lembrou, “os gobernos teñen que gobernar para todos, sobre todo para os mais débiles, xa que os fortes apáñanse eles”. Os socialistas, dixo, rexeitaron o modelo do PP de impoñer un modelo sanitario “só para os asegurados, e que cobra mais non aos que mais teñen, senón aos que mais doentes están”.

Acusou ao PP e ao gobernos galegos de “acabar coa gratuidade e a universalidade” implantados en España cando no ano 1999 e atendendo as recomendacion do Pacto de Toledo se comenzou a “financiar a sanidade a través dos impostos de todos e todas”, implantando as prestacións universais.

Poderosos

Criticou que o goberno galego se compoña “de poderosos que nunca tiveron penurias económicas, polo que non lles resulta fácil poñerse na pel dos perdedores, sen traballo, vivenda nin país. Lamentou que “a Feijóo, rodeado de banqueiros, de empresarios ou de narcotraficantes lle custe entender que hai persoas que ou comen ou pagan na farmacia”.

Lembrou así os casos particulares dunha doente de sida con dúas fillas seropositivas que quedaron sen tarxeta sanitaria ao separarse do seu home, ou o ex banqueiro alcohólico sen traballo e sen tarxeta, ou do inmigrante paquistaní sen papeis con tuberculose e asma “que no seu país non podía curar e agora aquí tampouco”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar