Acuña acusa á Xunta de escatimar as axudas económicas ao 70 por cento das mulleres vítimas de violencia de xénero

Acuña acusa á Xunta de escatimar as axudas económicas ao 70 por cento das mulleres vítimas de violencia de xénero

Acuña acusa á Xunta de escatimar as axudas económicas ao 70 por cento das mulleres vítimas de violencia de xénero

Carmen Acuña alerta da falla de axudas específicas, retrasos na Risga e o peche a novas solicitudes dende setembro

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe que a Xunta tan só concede axudas económicas específicas ao 30 por cento das mulleres que as solicitan, deixando desamparadas a un total de 720 mulleres no ano 2013. Así o dixo logo de analizar os orzamentos da Xunta na comparecencia do director xeral de Orzamentos na Comisión de Igualdade do Parlamento.

Acuña sinalou que, segundo o informe de impacto de xénero enviado pola Xunta ao Parlamento, no ano 2013 foron concedidas un total de 1.067 solicitudes de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero. Destas, só 61 obtiveron axudas a través dun pagamento único, e outras 287 axudas periódicas, deixando ao 70 por cento das mulleres coa protección aprobada quedaron sen axuda específica.

A deputada socialista sinalou que as mulleres que non percibiron estas axudas “ou non recibiron nada ou recibiron a Renda de Integración Social de Galicia –Risga-”, que conta cun apartado específico para as vítimas de violencia de xénero. Mesmo neste último caso, advertiu, as beneficiarias viron como o goberno incumpriu o prazo legal dun mes para efectuar o pagamento.

Carmen Acuña sinalou que “as mulleres nesta situación límite ven cómo teñen que agardar mais de medio ano, pero a realidade é que non poden agardar porque morren, as matan os seus maltratadores”. A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que habilite medidas específicas para estas mulleres que poidan percibir en prazo dada a situación extrema que están a vivir.

Pechadas hermeticamente

Acusou finalmente ao goberno galego de manter as súas portas pechadas “hermeticamente” para as novas solicitudes dende o mes de setembro ata o remate do exercicio. Acuña sinalou que “non sei si é para cumprir co déficit ou que”, pero sinalou que a negativa a aceptar novas solicitudes aplícase, tal e como están denunciando as traballadoras sociais e as propias vítimas.

Salientou que o goberno galego “só quere utilizar a loita contra a violencia de xénero para colgarse medallas e non para axudar ás mulleres vítimas”, xa que “non acadamos ningunha conclusión de que vaian encetar un maior apoio a este colectivo”. Lamentou am falla de medidas concretas para modificar as actuacións que ata o momento se demostraron fracasadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar