Acuña acusa a Baltar de dirixir e manipular as listas de espera do CHOU dende a Deputación

Acuña acusa a Baltar de dirixir e manipular as listas de espera do CHOU dende a Deputación

Acuña acusa a Baltar de dirixir e manipular as listas de espera do CHOU dende a Deputación

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento, para defender unha proposición na que reclamou á Xunta que de forma inmediata elabore un plan que permita que nun ano tódalas habitacións do Complexo Hospitalario de Ourense sexan de dúas camas e que conteñan un baño propio. A proposta foi rexeitada polo PP.

Alí denunciou “o rosario de sen sentidos” emprendidos polo Partido Popular na provincia de Ourense e acusou a Baltar de “dirixir e manipular as listas de espera do CHOU dende a Deputación”. Criticou tamén “o desmantelamento, a deixadez e o abandono cos doentes deste Hospital”. Por iso reclamou “respecto” para os cidadáns de Ourense “porque están moi enfadados e preocupados”.

A deputada lembrou na súa intervención que o Complexo Hospitalario da cidade de Ourense está obsoleta, sinalou que a poboación está moi descontenta xa que lles parece “unha discriminación do Goberno de Feijóo”. Dixo que o hospital Santa Maria Mai ten aluminose, e denuncia que ao Goberno de Feijoo non lle importa acenar alí os pacientes.

Plan Director paralizado

Avirte que mentres noutras provincias se expoñen novos hospitais, en Ourense segue paralizado o Plan Director, que esta dotado cun orzamento de 80.000€ para o ano 2011, e insistiu “o que deixa moi claro que non é intención da Conselleira de Sanidade mellorar nada de nada”, por iso dixo “serán para poñerlle tiriñas”, e anunciou que debería estar rematado no ano 2012.
Ademais subliñou que había comprometidos para esta infraestructura 140 millóns de euros, e ironizou “igual están agochados no maleteiro do coche do Presidente da Deputación de Ourense”.

Acuña asegurou que no Complexo Hospitalario de Ourense utilízanse unhas habitacións coas paredes desconchadas, co mobiliario estragado, coas habitacións masificadas, tres ou máis pacientes cos seus familiares en cada unha e compartindo o aseo con outros seis máis, non parecera o trato máis digno nin para a enfermidade nin cara o enfermo.

Dignidade dos pacientes

Lembrou que na pasada lexislatura comezárase a mellorar este aspecto da hospitalización no Complexo Hospitalario iniciando o camiño cara as habitacións de tan só dúas camas, pero denuncia que “isto tamén se paralizou coa chegada do Partido Popular ao Goberno da Xunta de Galicia”.

A deputada socialista replica que dende a Xerencia falase sempre do gran compromiso deste Goberno de Feijoo co Hospital ourensá, e asegurase que non hai problemas de camas, incluso se están pensando suprimir Piñor. Por iso insiste “non haberá maior problema para garantir habitacións de tan só dúas camas neste Complexo”, espetou.

A parlamentaria dixo que para os galegos é moi importante que as camas de que se dispoñan sexan axeitadas á dignidade e ao respecto que os pacientes se merecen.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar