Acuña: "A Xunta actúa como o exército de Pancho Villa no reparto de complementos de produtividade aos sanitarios"

Acuña: "A Xunta actúa como o exército de Pancho Villa no reparto de complementos de produtividade aos sanitarios"

Acuña: "A Xunta actúa como o exército de Pancho Villa no reparto de complementos de produtividade aos sanitarios"

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña interveu na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o reparto de complemento de productividade variable dos sanitarios de Galicia.

Na súa intervención explicou que os profesionais da sanidade completan as súas remuneracións a través do complemento de produtividade variable que vai ligado o cumprimento dos obxectivos recollidos nos acordos de xestión supostamente negociados coa administración para ese ano.

Afirma que as “irregularidades que fan que se multiplican as queixas e as denuncias dos propios profesionais e dos sindicatos que os representan”.

Advirte que non só se modificaron os acordos previos, senón que ademais hai moito descontento sobre a maneira de aplicalos a determinados servizos e profesionais. Sinala que unha das queixas dos profesionais e que os obxectivos se negocian sobre o funcionamento de todo un servizo, pero agora se están aplicando penalizacións a todos por incumprimentos individuais.

Sobre o cumprimento do obxectivo de porcentaxe de prescrición de xenéricos, dixo que “non deron oportunidade para explicar as razóns polas que non se puideron cumprir as expectativas previstas os profesionais que non as alcanzaron antes de sancionalos”. Os sanitarios replican é discriminatorio xa que non todos os servizos dispoñen de xenéricos por igual.

Baixas laborais

No que se refire as baixas laborais denuncia que aplicaron penalizacións por estar de baixa maternal algo que está acordado de sempre que non levaría descontos.

Acuña acusou ao Goberno de Feijoo de non aplicar o complemento de productividade variable aos xestores sanitarios do anterior Goberno, e cualificou esta decisión como un “escándalo e unha mostra de sectarismo so atribuíble ao Partido Popular”, e lembra que este asunto se esta dirimindo nos tribunais.

Critica que algúns obxectivos de forma unilateral a Consellería decide que son excluíntes e supón que a Consellería de Sanidade non aboa nada de productividade.

Dixo que comeza a disparase o gasto sanitario, o sistema faise mais insostible.
Asevera que a imaxe que esta dando o goberno de Feijoo sobre a sanidade de Galicia “é como exercito de Pancho Villa”, xa que deixan ao arbitrio de cada xerencia a decisión do complemento de productividade. Sinala que non se poden usar os obxectivos como unha represión, por iso preguntouse quen esta detrás de todo esto. E preguntoulle “si queren retiralo, ou pretenden mantelo como arma represiva”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar