Acuña: “a inacción do goberno de Feijoo ten como consecuencia a desaparación dos colocadores de Lousa de Galicia”

Acuña: “a inacción do goberno de Feijoo ten como consecuencia a desaparación dos colocadores de Lousa de Galicia”

Acuña: “a inacción do goberno de Feijoo ten como consecuencia a desaparación dos colocadores de Lousa de Galicia”


A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento, para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre as actuacións da Xunta sobre os problemas dos traballadores da lousa.

Alí dixo que a inacción do Goberno de Feijoo neste asunto terá como consecuencia “a desaparición dos colocadores de lousa”.

A deputada dixo que o colectivo de colocadores da lousa é un dos perxudicados pola crise económica e pola crise da construcción que sofre España. Sinala que nos últimos anos reducido este sector nun 50%.

Na comarca de Valdeorras, había 2.700 persoas dedicadas a colocación de lousa, e actualmente só queda a metade, e perderon o seu traballo 1.300 traballadores. Dixo que actualmente nesas empresas so quedan os autónomos “xa que non quedan empregados”.

Acuña lembrou que xa rexistrou diversas iniciativas no Parlamento para impulsar este sector como o Plan Renove para tellados, pero advirte que foron rexeitados polo PP, asegura que esta proposta “é a única solución para atallar este problema”.

Acusou ao Director Xeral de non poñer encima da mesa nin unha soa cifra orzamentaria para este sector , algo que cualificou como “dramático”.
Ademais dixo que no ano 2008, na pasada lexislatura, impulsouse o Plan Laxa, para axudar aos parados do sector da pizarra, pero advirte que este Plan desapareceu coa chegada do Goberno de Feijoo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar