Acordo parlamentario para romper co illamento ferroviario de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Acordo parlamentario para romper co illamento ferroviario de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Acordo parlamentario para romper co illamento ferroviario de Ferrolterra, Eume e Ortegal

A Comisión de Obras Públicas do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno central “conexión directa entre A Coruña e Ferrol” por tren. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presentou esta iniciativa dirixida a “romper co illamento ferroviario de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Sinalou que o traxecto entre as dúas cidades “debera considerarse como unha liña de proximidade por ferrocarril, tal e como existe en todas as comunidades do litoral onde se concentran as maiores densidades de poboación”. Considera así “inaceptable” o “illamento por ferrocarril das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, co abandono do proxecto Eixo Atlántico entre Ferrol e Vigo”.

Dixo que o “agravio comparativo” destas comarcas con respecto ao resto das comarcas costeiras de Galicia e co resto do Estado é “inxustificable”. Engadiu que suporía “recoñecer a potencialidade industrial do eixo Ortegal – Ferrol, Eume – A Coruña e as súas derivacións, abaratando os custes de transporte e aumentando de modo significativo a seguridade viaria.

A iniciativa aprobada hoxe inclúe reclamarlle ao goberno central a modernización deste trazado “tanto dende o punto de vista técnico como comercial, que permita dispoñer dun servizo público e competitivo” que permita conectar en condicións estas comarcas co resto da rede ferroviaria.

Finalmente, reclama a mellora de frecuencias e horarios, xa que, advertiu, os recortes nos servizos de proximidade, con horarios pouco acaídos e frecuencia escasa, provoca a diminución de usuarios e “parece estar orientado mais ben a xustificar a total eliminación pola vía da perda de competitividade”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que se dirixa ao Goberno central e lle solicite:

a) Licitar de forma inmediata os estudos necesarios para a conexión directa entre A Coruña e Ferrol.
b) Que realice as xestións oportunas con Adif e Renfe co fin de adoptar as actuacións necesarias para a modernización dese trazado, tanto dende o punto de vista técnico como comercial, que permita dispoñer dun servizo público e competitivo que permita establecer a comunicación necesaria entre A Coruña, Ferrolterra, Eume e Ortegal, tanto co Eixo Atlántico (existente) Ferrol – Vigo, como co resto de servizos nacionais de longa distancia.
c) Que realice os estudos oportunos de cara á avaliación das frecuencias necesarias de acordo ás necesidades horarias das poboacións afectadas, reducindo tanto os tempos de viaxe como o prezo dos billetes na liña A Coruña – Ferrol”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar