Acordo parlamentario para incrementar os fondos incondicionados dos concellos

Acordo parlamentario para incrementar os fondos incondicionados dos concellos

Acordo parlamentario para incrementar os fondos incondicionados dos concellos

Soneira plenoA Comisión Institucional do Parlamento de Galicia aprobou hoxe de forma parcial unha iniciativa socialista presentada por Marisol Soneira para que a Xunta garanta o incremento progresivo dos fondos incondicionados dos concellos, deseñando ademais mecanismos de financiamento para que se poidan achegar á media estatal de gasto por habitante.

A proposta aprobada inclúe coordinar co resto das administracións “os programas, plans, convenios ou calquera outra fórmula de achegas económicas aos concellos” para dotalos de recursos suficientes “para abordar infraestruturas ou servizos esenciais para o aumento da calidade de vida da veciñanza”.

A deputada socialista lamentou sen embargo que o PP vetara as propostas tamén incluídas na iniciativa orixinal para establecer “criterios obxectivos e medibles” para a achega dos recursos aos concellos por parte da Xunta. Tamén se negaron a incluír nos orzamentos anuais “partidas individualizadas e concretas” que permitan aos concellos coñecer os recursos de que disporán.

Soneira advertiu da posición dos concellos galegos, “ao final do ránking” no gasto por habitante de todo o Estado, uns datos “absolutamente dramáticos” tendo en conta as súas particularidades, coa poboación envellecida e máis problemas de comunicación que provocan unha demanda de servizos moito maior.

Actualmente a súa poboación ten que soportar, dixo, “menos servizos, menos atención aos cidadáns e menos infraestruturas” e unha política de distribución de fondos públicos “en función da súa cor política” polas prácticas do goberno galego.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento insta á Xunta de Galicia:

1) Deseñar mecanismos de financiamento dos concellos da Comunidade Autónoma que, de xeito transparente, obxectivo, suficiente e non condicionado, permitan aos concellos galegos achegarse ás medias do resto dos concellos españois nos gastos por habitante, incluíndo un aumento progresivo dos denominados fondos incondicionados.

2) Coordinar co resto de administracións, os programas, plans, convenios ou calquera outra fórmula de achegas económicas aos concellos, coa finalidade de dotar aos mesmos de recursos suficientes para abordar infraestruturas ou servizos esenciais, para o aumento da calidade de vida da veciñanza”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar