Acordo parlamentario para garantir condicións de traballo decentes nos buques de pesca

Acordo parlamentario para garantir condicións de traballo decentes nos buques de pesca

Acordo parlamentario para garantir condicións de traballo decentes nos buques de pesca

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polos socialistas galegos para pedirlle ao Executivo central que ratifique “de forma inmediata” o Convenio 188 da OIT para garantir as condicións decentes de emprego, traballo e vida a bordo dos buques pesqueiros.

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, presentou esta iniciativa para que España ratifique unha proposta aprobada en xuño de 2007 que establece uns requisitos mínimos para o traballo a bordo. O convenio busca garantir “condicións de servizo, aloxamento e comida, protección en materia de seguridade e saúde no traballo, atención médica e seguridade social”.

Explica que se trata dunha “ferramenta para a boa gobernanza dos mares, especialmente no relacionado coa pesca, que é a parte máis desprotexida”, e que reflicte condicións “moi duras, perigosas, e a coexistencia de pequenas empresas familiares dedicadas á pesca artesanal xunto con empresas dedicadas á pesca industrial”.

Alerta que a día de hoxe “prodúcense a bordo dos buques situacións non propias deste século”, como traballos forzosos, traballo infantil e discriminación cara aos traballadores inmigrantes, illamento, períodos de embarque de 2 ou 3 anos sen descanso, ausencia de contratos, retención de documentos, listas negras ou salarios abusivos, alimentación inadecuada, condicións precarias e situacións de escravitude.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento insta ao Goberno galego para que se dirixa ao Goberno central e lle esixa que de forma inmediata ratifique o Convenio 188 da OIT”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar