Acordo para recoñecer a Ruta da Translatio como Camiño Xacobeo

Acordo para recoñecer a Ruta da Translatio como Camiño Xacobeo

Acordo para recoñecer a Ruta da Translatio como Camiño Xacobeo

O Pleno do Parlamento aprobou unha transacción a partir dunha emenda socialista para incluír na Lei de Patrimonio unha Disposición Adicional que recoñece como Camiño de Santiago a Ruta da Traslatio, pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla.

O Partido Popular excluíra dita ruta do Proxecto de Lei, pese a que estaba recoñecida no Anteproxecto de Lei e no Plan Director do Camiño de Santiago que a Xunta de Galicia aprobou o pasado ano. O portavoz socialista sinalou que “esta ruta é a ruta primixenia, polo que o non recoñecemento da mesma, suporía non concederlle a compostelana ao propio Apóstolo Santiago”.

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista defendeu esta proposta que afecta a 22 concellos das comarcas de O Salnés, Barbanza, Santiago, Caldas e Sar á que o PP se negou ata o último momento. Salientou que “só grazas á presión e insistencia do Grupo Socialista e dos alcaldes e alcaldesas implicados foi posible recoñecer a ruta como Camiño de Santiago”, que finalmente será incorporada a unha Disposición Adicional á Lei.

Texto da iniciativa:

Disposición Adicional 12:

-“Recoñecemento como Camiño de Santiago da denominada Ruta da Traslatio, pola Ruta Xacobea do mar de Arousa e Río Ulla, tendo en conta que xa ten iniciados a súa delimitación e o seu deslindamento por acordos de 19 de febreiro de 1988, publicados no DOG número 44, do 5 de marzo de 1988, ao amparo da Lei 3/1996 de Protección dos camiños de Santiago.

En calquera caso con independencia da súa delimitación deberán terse en conta as súas peculiaridades e as prescricións da autoridade marítima competente en orde ao establecemento das canles de navegación”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar