Acordo co terceiro sector para emendar a Lei de Servizos Sociais de Galicia

Acordo co terceiro sector para emendar a Lei de Servizos Sociais de Galicia

Acordo co terceiro sector para emendar a Lei de Servizos Sociais de Galicia

A portavoz de Política Social mantivo esta semana un encontro coas organizacións do terceiro sector que xestionan acción social para acordar as emendas que presentará o Grupo Socialista á reforma da Lei de Servizos Sociais que comezou o seu trámite no último Pleno do Parlamento.

A responsable socialista mantivo este encontro coas entidades sen ánimo de lucro que xestionan os servizos competencia das administracións que son derivadas a través do coñecido como Concerto Social co obxectivo de consensuar as propostas que serán defendidas no debate parlamentario desta norma.

Gallego sinalou o consenso entre tódalas organizacións á hora de reclamar que sexan incluídas no Concerto Social todas aquelas entidades sen ánimo de lucro que xestionen servizos públicos e non só servizos sociais, incorporando por exemplo “tamén servizos de inclusión ou de menores”.

Ademais, reclamaron que a Lei de Servizos Sociais especifique que estará destinada ás entidades sen ánimo de lucro, mentres a prevalencia da xestión indirecta de servizos públicos da administración debe recaer no dito Concerto Social e as entidades sen ánimo de lucro. Reclaman “evitar que as empresas privadas continúen acaparando esta actividade, como están a facer dende que goberna Feijóo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar