Acelerar a posta en marcha do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Acelerar a posta en marcha do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Acelerar a posta en marcha do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, reclamoulle hoxe ao goberno galego que urxa a posta en marcha do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que hoxe é presentado no Pleno do Congreso. A responsable socialista reclamou acurtar os tempos e habilitar as partidas orzamentarias canto antes porque “cada hora é vital” para as vítimas.

Pierres presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reivindicar a posta en marcha das medidas previstas porque “unha sociedade non pode denominarse democrática se non garante a seguridade e a liberdade de máis do 50 por cento da súa poboación”, que son as mulleres e os nenos e nenas.

Nesta proposta reclamou “activar as partidas para a execución dos acordos” destinadas a autonomías, deputacións e concellos, as institucións máis próximas á cidadanía, xa que están en xogo 200 millóns de euros só para este ano.

Lembrou que no que vai de ano foron asasinadas 37 mulleres, das cales dúas, un menor e unha muller, foron rexistradas en Galicia, onde hai 3 casos en proceso de investigación. Sen embargo advertiu que “falar de número roza a obscenidade porque vítimas son todas aquelas de padecen a violencia de xénero”, e puntualizou que “os asasinatos son a evidencia do fracaso da loita contra esta lacra”.

A responsable socialista sinalou que o Pacto de Estado inclúe “as nosas propostas que foron aceptadas por todos os grupos”, deixando fora aquelas que non foron consensuadas, polo que chamou a “ir máis alá” e ampliar o alcance do Pacto. Así o evidencia que inclúa un total de 12 votos particulares de propostas que tiveron que ser excluídas do texto final.

Si que incorpora sen embargo a proposta para considerar vítimas tamén ás nais de nenos e nenas vítimas, un “lamentable esquecemento” da proposta orixinal que foi reparada grazas á aportación dos socialistas para garantirlles o acceso á asistencia e axuda tamén a estas mulleres.

Protocolo

A responsable socialista fixo alusión tamén á comparecencia, esta tarde no Parlamento de Galicia, da secretaria xeral de Igualdade para dar conta do Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero. Reclamoulle que garanta a presenza de profesionais formados para atender estes casos e “evitar que caian en mans de profesionais sen idea de como afrontar estes problemas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar