Absoluto desinterese da Xunta na rexeneración dos espazos naturais queimados

Absoluto desinterese da Xunta na rexeneración dos espazos naturais queimados

Absoluto desinterese da Xunta na rexeneración dos espazos naturais queimados

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe o “absoluto desinterese” da Xunta de Galicia pola rexeneración dos espazos naturais afectados polos incendios forestais. Así o dixo no debate dunha interpelación na que censurou o “apagón informativo” do goberno galego, que se negou a facer un balance dos lumes do pasado mes de outubro.

A responsable socialista sinalou á análise da Sociedade Galega de Historia Natural, que veñen de denunciar a falla de políticas públicas de apoio aos espazos naturais e o patrimonio natural de Galicia, acusando ao goberno de “identificar os espazos protexidos unicamente con áreas de festa e diversión”.

Aí radica, dixo, a falla de interese por informar do impacto, as consecuencias e as medidas previstas para recuperar as zonas protexidas afectadas polos lumes de outubro. Sinala que 23 por cento da superficie queimada pertence á Rede Natura, un total de 11.400 hectáreas, entre elas o 7 por cento do total da reserva de Os Ancares.

Alertou duns “danos ecolóxicos moi graves”, e urxiu a comezar coas labores de rexeneración ambiental para impedir a desertización das zonas queimadas, prever as escorrentías e os graves procesos erosivos que provocan o empobrecemento do chan.

Vilán advertiu que esta situación “supera á mera rexeneración das zonas protexidas”, xa que “chega ata a conservación do patrimonio natural protexido de Galicia, o problema o cambio climático, a seca, que obriga a repensar a política da auga dende a raíz, a chuvia e os lumes nos Ancares, así como aos arrastres de cinzas ás rías e aos humedais”.

Escorrentías

Lembrou neste sentido que as rías “tamén son espazos protexidos, e a caída de restos de cinza e materia orgánica queimada pode ter un efecto devastador sobre o sector primario, especialmente na produción marisqueira”. Criticou que a día de hoxe “non sabemos que efectos está a provocar a caída de restos de cinza na ría de Vigo nin coñecemos o dispositivo de vixilancia e avaliación polo arrastre de cinzas”.

Reclamoulle ao goberno galego que detalle as actuacións previstas para a recuperación das zonas afectadas e que dea conta “se as medidas tomadas para evitar os arrastres foron efectivas ou non, se houbo procesos erosivos e se están contaminados os acuíferos, os ríos e as rías”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar