Absoluto desinterese da Xunta diante da situación do leite

Absoluto desinterese da Xunta diante da situación do leite

Absoluto desinterese da Xunta diante da situación do leite

20150907_tractorada_compostela_7O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe o “absoluto desinterese” do goberno galego diante da situación dos produtores de leite. No debate dunha pregunta na Comisión de Agricultura do Parlamento, criticou que “non teñan feito absolutamente nada” mentres os gandeiros están bloqueando as grandes cadeas de distribución polos baixos prezos do leite.

García lamentou que a única afirmación da Xunta teña sido que “parece ser que os supermercados non están repercutindo o prezo” nos produtores, e esixiulle datos concretos derivados de inspeccións concretas para coñecer o grao de cumprimento dos acordos por parte das cadeas de distribución. Lembrou que os supermercados subiron ata 5 céntimos o prezo aos consumidores pagándolle o mesmo aos gandeiros.

Acusou á Xunta de facer caso omiso das súas responsabilidades para defender a un sector no que Galicia “debera estar á cabeza” ao producir case a metade do leite do Estado. Sen embargo, os baixos prezos e o remate do sistema de cotas teñen situado aos produtores galegos ao borde da quebra sen que o goberno galego fixera “nada mais que responsabilizar ás organizacións de produtores”.

Sinalou ademais que a día 18 de decembro o leite galego continúa vendéndose a 28 céntimos o litro, lonxe dos 35 comprometidos pola Xunta, o mesmo prezo ao que se está vendendo en Francia, e sen que a Xunta teña encetado ademais ningunha medida para impulsar os produtos elaborados a partir de leite.

Coello

A Comisión de Agricultura aprobou hoxe ademais unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para apoiar aos produtores de coello galegos, logo do que o deputado socialista esixiulle á Xunta que “cumpra co acordado” e se poña “no lado dos produtores, onde nunca estiveron”. Criticou que a Xunta “ata o momento nin fixo nin pensa facer absolutamente nada” para apoiar aos cunicultores galegos.

Pablo García sinalou a difícil situación das 282 explotacións de coello galega, que teñen que vender esta carne a 1,49 euros por quilogramo, cando os custes de produción sitúanse nos 1,85 padecendo “unha normativa eficaz que verdadeiramente prohiba estas prácticas abusivas” que as sitúan “en verdadeiro risco de desaparición”.

A iniciativa aprobada hoxe reclama “axudas directas de mínimis” por parte da Xunta, refinanciación da débeda ou contemplar “algunha medida específica” dentro do Plan de Desenvolvemento Rexional.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Establecer axudas directas de mínimis aos gandeiros dentro do límite que a lexislación permite.
2. Refinanciación da débeda para aquelas explotacións que o precisen.
3. Contemplar dentro do novo PDR algunha medida específica na que estas producións poidan atopar unha vía de financiamento para desenvolver ou reorientar a súa produción.
4. Trasladar ao MAGRAMA a necesidade de que a nivel estatal se establezan medidas fiscais urxentes para este sector, tales como o adianto da devolución do IVE ou a baixada do módulo polo que tributan en IRPF.
5. Aumentar a subvención ao seguro obrigatorio de recollida de cadáveres en explotacións.
6. Esixir o cumprimento da Lei de cadea agroalimentaria no referente a contratos, transparencia na formación de prezos, evitar a banalización do produto e a venda a perdas, organización de produtores... etc.
7. Desenvolver, en colaboración co MAGRAMA, unha campaña de incentivación do consumo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar