Absolutamente inaceptable que Feijóo fíe o control dos lumes á chuvia

Absolutamente inaceptable que Feijóo fíe o control dos lumes á chuvia

Absolutamente inaceptable que Feijóo fíe o control dos lumes á chuvia

O portavoz do Grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, abriu hoxe “o tempo de esixir responsabilidades políticas” unha vez que os incendios están controlados. En declaracións aos medios, cualificou de “absolutamente inaceptable” que Feijóo deixe a extinción dos lumes “nas mans da chuvia” e reclamou “un gran pacto pola transformación da política forestal e antiincendios”.

O responsable socialista cualificou de “absolutamente inaceptable” que o presidente da Xunta “diga que non ten nada que facer fronte a esta situación” porque “todo o dispositivo operativo estaba funcionando”. Explicou que “isto significa que se a situación climatolóxica se volve repetir estaremos de novo nas mans da chuvia para conseguir que os incendios rematen, pero non nas mans do presidente da Xunta”.

Fernández Leiceaga considera ademais un “diagnóstico insuficiente” que o goberno galego “fale dunha situación excepcional e da actuación de terroristas incendiarios, evocando a existencia de organizacións detrás dos lumes”.

Sinalou que “hai que perseguir aos incendiarios, pero non é unha novidade, sempre houbo incendiarios, e ademais –engadiu- non é excepcional, trátase dunha situación límite que se repite cada certo tempo”.

Pacto

O responsable socialista reiterou hoxe a petición da convocatoria dun Pleno Extraordinario, a próxima semana no Parlamento, que inclúa a comparecencia do presidente da Xunta “para dar conta do que pasou, da actuación da Xunta e para que non se repita no futuro”.

Reivindicou un “debate sereo sobre as causas, a actuación da Xunta e como paliar as consecuencias da vaga de lumes para a poboación, que para nós debera acabar nun gran Pacto para transformar os lumes nun problema de país e empezar a solucionalo de verdade”. Para iso, dixo, “é necesario o recoñecemento que a Xunta non fai da dificultade da situación”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar