Absoluta falla de compromiso do goberno galego cos pensionistas emigrantes retornados

Absoluta falla de compromiso do goberno galego cos pensionistas emigrantes retornados

Absoluta falla de compromiso do goberno galego cos pensionistas emigrantes retornados

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou a “absoluta falla de compromiso” do goberno galego co colectivo de pensionistas emigrantes retornados. A responsable socialista preguntoulle hoxe no Pleno ao conselleiro de Facenda polo incumprimento do acordo aprobado por unanimidade na Cámara en setembro de 2013 logo de asistir a unha concentración deste colectivo organizada hoxe ás portas do Parlamento.

Gallego lembrou que o goberno “tan só cumpriu unha pequena parte” da iniciativa socialista aprobada no Parlamento para “poñer remedio á inspección masiva e planificada polo goberno de Rajoy contra os pensionistas emigrantes retornados”. Lamentou o celo amosado contra este colectivo vulnerable “mentres se lle facían amnistías fiscais a amigos e altos cargos do PP”, en alusión ao ex vicepresidente económico Rodrigo Rato.

A deputada socialista sinalou o goberno ten aberto o prazo para devolver os intereses de demora e as sancións a estes pensionistas cando “a devolución debera ser feita de oficio” polo executivo e non “a medias e como consecuencia da presión social do colectivo”. Criticou a actuación “mesquiña e ruín” da Axencia Tributaria, que “aínda non restituíu a honra de moitos cidadáns inocentes perseguidos como delincuentes e defraudadores”.

Carmen Gallego lembrou que o goberno galego aínda non cumpriu o seu compromiso de aumentar os medios humanos para este colectivo en concellos como os do Morrazo, con 60.000 afectados que hai mais de un mes acadou o compromiso do conselleiro de Facenda pero que permanece igual. Lembrou que o goberno mesmo intentou pechar a este colectivo as ventanillas da Axencia Tributaria nos concellos de Monforte e Viveiro.

Considerou ademais “intolerable” que logo de dous anos de ter sido aprobado o acordo parlamentario, o goberno galego aínda non fixera mais xestión para que o goberno central recoñecera as discapacidades dos pensionistas que a de remitir unha carta o pasado 8 de abril.

Finalmente, reclamoulle que faga as xestións necesarias para que os pensionistas que conten con dúas pensións, unha de España e outra do país de procedencia, poidan contabilizalas como un único pagador a efectos fiscais. Lembrou así que estes pensionistas vense agora obrigados a declarar as pensións e pagarlle á facenda pública cando a suma estaría exenta de pago si procedera dun único pagador.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar