Abrir as portas do futuro votando socialista

Abrir as portas do futuro votando socialista

Abrir as portas do futuro votando socialista

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apelou hoxe ao voto dos galegos para “abrir as portas a un futuro mellor para todos”. Así o dixo nas súas intervencións nos actos de hoxe, nunha xornada que pechou cunha festa mitin en Santiago de Compostela acompañado do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.

Pediu aos galegos que o domingo voten polo que queren: “pola educación, a sanidade e o emprego”. Así o dixo nunha xornada plena de intervencións que rematará cunha festa mitin en Santiago de Compostela xunto co secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.

Fernández Leiceaga apelou hoxe a votar o domingo a favor dos valores “propios do socialismo” como son “a igualdade, a solidariedade e a liberdade” e advertiu que “cada voto será decisivo” para escoller entre unha Galicia “estancada” e un país que poida “seguir medrando”.

Explicou que “o noso proxecto pasa por esbozar un camiño ben diferente que quere xerar emprego e reforzar os servizos básicos do Estado do Benestar, recuperar os niveis de calidade da sanidade pública, a igualdade no ensino e a política social”. Todo isto, subliñou, con “gobernantes exemplares que nos miren aos ollos e sexan limpos e transparentes”.

Leiceaga lembrou a visita esta mañá á militante socialista máis lonxeva, de 106 anos, que, dixo, “asegura que nacera socialista e morrería socialista, mantendo os valores e ideais durante máis dun século”. Dixo que “si domingo votamos en función dos valores, dos nosos ideais e do que queremos no máis fondo dos nosos corazóns, o luns poderemos ter un presidente socialista”.

O candidato socialista dixo que “o domingo temos a oportunidade de dicirlle adeus a un presidente indolente, que ten abdicado das súas responsabilidades e que só pensa en si mesmo, un presidente afastado da rúa e dos problemas dos galegos e das galegas e que só pensa en medrar políticamente”.

Fernández Leiceaga afirmou ter “un compromiso con Galicia, coas persoas, coa creación de emprego, coa recuperación das políticas sociais e os dereitos dos traballadores e sobre todo a responsabilidade de devolver a esperanza do progreso”.

Comprometeuse a levar a cabo un proxecto de impulso, de renovación e dende o diálogo. “O Partido Socialista seremos a garantía do cambio que este país precisa, a garantía do cambio seguro, tranquilo e responsable”.

O candidato socialista culminou hoxe cunha festa mitin en Santiago de Compostela ao fío da medianoite logo de comezar ás 06,45 h. na lonxa de A Coruña, e na que compartiu un xantar mitin en Tui, e dous actos políticos en Redondela e Pontevedra, acompañado polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.

Ao longo da xornada tamén realizou unha visita á Feira do Moble da Estrada, un encontro coa militante socialista máis lonxeva, en Cuntis, ou un café en Gondomar xunto co alcalde, o socialista Paco Ferreira.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar