Abel Losada visitou aos afectados pechados nunha sucursal dunha entidade en Gondomar e explicoulles as iniciativas que o PSdeG ten en marcha na procura dunha solución

Abel Losada visitou aos afectados pechados nunha sucursal dunha entidade en Gondomar e explicoulles as iniciativas que o PSdeG ten en marcha na procura dunha solución

Abel Losada visitou aos afectados pechados nunha sucursal dunha entidade en Gondomar e explicoulles as iniciativas que o PSdeG ten en marcha na procura dunha solución

O Portavoz do Grupo Socialista estivo acompañado polo Secretario Provincial, Santos Héctor e do Secretario Local, Francisco Ferreira e o concelleiro socialista de Vigo, Ángel Rivas
 
Reclámanlle á Xunta “que estenda e garanta unha arbitraxe transparente” aos estafados polas preferentes e a débeda subordinada

  
O Portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, visitou aos afectados polas preferentes e a débeda subordinada que permanecen pechados nunha sucursal dunha entidade bancaria no municipio pontevedrés de Gondomar. Acompañando ao parlamentario estiveron o Secretario Provincial e portavoz na Deputación de Pontevedra, Santos Héctor e o Secretario Local de Gondomar, Francisco Ferreira e Ángel Rivas, concelleiro socialista en Vigo.
 
O portavoz socialista trasladou a solidariedade do PSdeG-PSOE así como o compromiso de trasladar as súas demandas ao Parlamento de Galicia na procura dunha solución. Abel Losada explicou aos afectados que o seu grupo parlamentario vai defender, no Pleno da vindeira semana, unha iniciativa neste sentido. 
 
Na mesma, os socialistas reclaman á Xunta “que estenda unha arbitraxe transparente” aos estafados polas participacións preferentes. Reclaman “maior dotación de medios humanos e materiais” para os afectados pola estafa que opten polo sistema de arbitraxe.
 
Losada resaltou que coa Proposición non de Lei se pretende recoller as denuncias emitidas polos afectados a diario polo “trato discriminatorio na resolución dos casos” entre os que optaran pola vía da arbitraxe.
 
A arbitraxe, a xuízo dos socialistas, non conta con “insuficiente dotación de medios humanos e materiais para atender ás persoas afectadas” e sinalou que esta vía “resultou insuficiente, pouco transparente, lenta e arbitraria”.
 
Por este motivo reclaman “facer públicos os criterios de inclusión e de exclusión na arbitraxe a fin de transparentar a súa concesión”, explicou Losada. Tamén piden “dotar de mais medios humanos e materiais o sistema de arbitraxe establecido no Instituto Galego de Consumo co obxecto de axilizar os procedementos, incluír a meirande parte das persoas afectadas e rematar con este sistema antes de fin de 2012”.
  
Os socialistas fanse eco das denuncias transmitidas polas plataformas contra unha “ralentización dos procesos de arbitraxe” coincidindo co remate da pasada campaña electoral. A día de hoxe nin no Instituto Galego de Consumo nin en Novagalicia Banco son quen de explicar qué criterios empregan para resolver estes casos”.
 
Impugnación
 
Os socialistas reclaman a Feijóo que impugne o decreto Lei de reestruturación do sistema financeiro que establece quitas para as persoas estafadas na fraude das participacións preferentes. Criticou que este Decreto Lei “establece quitas que levarán aos aforradores estafados a perder mais do 70 por cento do seu diñeiro”.
 
Mentres, o goberno “desentendeuse do problema e asinou un memorando para o rescate que non contempla ningunha solución a esta estafa”, advirte Losada.
 
Losada recrimina a  Feijóo porque “só tomou a palabra para respaldar aos grandes inversores de NGB diante do FROB, pero esquece completamente aos pequenos aforradores estafados, que son os realmente vulnerables”.
 
Por este motivo, reclámalle á Xunta que preste “asesoramento xurídico a todas aquelas persoas estafadas que así o requiran para poder demandar xudicialmente ás entidades financeiras”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar