Abel Losada: "Sacar a Feijóo da Xunta é darlle unha lección a Rajoy e á súa nefasta política económica"

Abel Losada: "Sacar a Feijóo da Xunta é darlle unha lección a Rajoy e á súa nefasta política económica"

Abel Losada: "Sacar a Feijóo da Xunta é darlle unha lección a Rajoy e á súa nefasta política económica"

O candidato número 1 do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra, Abel Losada, afirmou que “cuestionar, parar e sacar do Goberno galego a Feijoo é unha lección para que o PP cambie a súa política a nivel español que está estrangulando a economía e o mercado laboral deste país”. Así o puxo de manifesto no decurso dun percorrido que realizou en compañía doutros membros da súa candidatura polo Mercado de Bouzas en Vigo.

O candidato socialista afirmou que o PPdeG non ten definido un proxecto económico e de creación de emprego e “só segue de maneira radical os recortes de Rajoy en Madrid”, facendo de abandeirado desta política que ten, a xuízo de Abel Losada “un custe social indubidable”.

Neste sentido, o candidato número 1 por Pontevedra subliñou que os cidadáns están a comprobar coma o incremento do IVE reduce a súa capacidade adquisitiva ao tempo que os pensionistas co copago sanitario vén como ser reduce a súa renda dispoñible.

Ante isto, “Feijoo di que é un bo xestor”, subliñou Abel Losada, unha afirmación que cualificou como falsa, xa que “Galicia está mais endebedada que nunca e non sabemos para que, cales son as melloras que como sociedade obtivemos a conta deste endebedamento”. Para o responsable socialista, Galicia é “o laboratorio claro de probas dos recortes de Rajoy”.

Fotos oportunistas

Abel Losada lembrou como Alberto Núñez Feijoo chegou á Presidencia da Xunta de Galicia “subido literalmente no oportunismo e a propaganda e lamentablemente en 2012 marcha da mesma maneira”. Neste sentido, subliñou que “non ten ningún recato en facerse fotos oportunistas”, citando o acto de sinatura para a construción de buques por parte de PEMEX, Barreras e Navantia “onde Feijoo se pegou á foto”, froito dunha negociación privada entre unha empresa que compra buques e outras que os constrúen, “incumprindo as leis electorais”.

Do mesmo xeito, a xuízo de Abel Losada, Feijoo tampouco dubidou en salir nunha foto realizada nunha gardería en Vigo alardeando da súa política social cando estas garderías públicas autonómicas “teñen uns prezos que máis que duplican ás municipais” e “reflicten a falta de compromiso durante a lexislatura cos servizos públicos”.

Transparencia e contundencia

En relación á suspensión de militancia de Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, por parte do PSdeG-PSOE e en resposta aos xornalistas, Abel Losada destacou que a decisión adoptada estivo “á altura das circunstancias nun contexto de crise e dificultades coma o actual, no que os cidadáns esixen transparencia e contundencia, e iso, sen ningunha dúbida, é o que o PSdeG-PSOE lles deu neste caso”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar