Abel Losada pide a dimisión da delegada da Xunta en Vigo por pagar con fondos públicos unha comida con altos funcionarios

Abel Losada pide a dimisión da delegada da Xunta en Vigo por pagar con fondos públicos unha comida con altos funcionarios

Abel Losada pide a dimisión da delegada da Xunta en Vigo por pagar con fondos públicos unha comida con altos funcionarios

O voceiro parlamentario socialista denuncia que Bravo Bosch empregou fondos públicos para pagar “enchentas” no Castelo de Soutomaior aos seus funcionarios “afíns”, mentres o PP recorta o soldo dos empregados públicos.

O voceiro do grupo parlamentario socialista, Abel Losada, solicitou a dimisión da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, por empregar fondos públicos para pagar “enchentas” aos seus altos funcionarios “afíns”.

Segundo indica Losada, Bravo Bosch “gasta os cartos de todos os galegos e galegas nunha comida no Castelo de Soutomaior para ela e os seus altos cargos, mentres o PP obriga á cidadanía a asumir recorte tras recorte, tamén aos traballadores públicos”.

Recorda o voceiro do PSdeG no Parlamento galego que o Partido Popular acaba de abrir a porta ao despido dos empregados públicos -o que está a aplicar o PP na Deputación de Ourense-, quitóulles a paga de Nadal aos funcionarios e, onte mesmo, Núñez Feijóo desvelou un novo recorte salarial aos traballadores autonómicos para 2013.

O socialista ve “bochornoso e inxustificable” esta actitude da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, a quen lle reclama que “asuma as súas responsabilidades” polo “despilfarro” de fondos públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar