Abel Losada: ”Núñez Feijóo é un presidente incompetente, con competencias”

Abel Losada: ”Núñez Feijóo é un presidente incompetente, con competencias”

Abel Losada: ”Núñez Feijóo é un presidente incompetente, con competencias”

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada dixo hoxe que o Presidente Feijoo é un Presidente incompetente con competencias. Tralo ninguneo de Feijoo de onte no Parlamento, no que asegurou que a Xunta non tiña competencias en materia de emprego, Losada insistiu hoxe nas criticas do PSdeG “o Presidente da Xunta ten tódalas competencias en materia de emprego”. E engadiu “ou descoñece as competencias das que dispón en materia de emprego, ou mente e falsea os datos”, espetou. Alí tamén anunciou que o PSdeG reclamará á Xunta os Informes Xurídicos que sustentan o Recurso ao Tribunal Constitucional sobre a débeda da CCAA.

En rolda de prensa, o responsable socialista explicou que os datos da EPA aportados por Feijoo na súa intervención non responden a realidade. Sinala que a desocupación en Galicia constatan o incremento de numero parados durante o mandato de Feijoo.

Losada lembroulle a Feijoo que a Xunta “ten competencias en materia de fomento e formación de emprego”, ademais “é a autoridade laboral da Comunidade Autónoma”. Tamén ten competencias de saúde laboral e cooperativismo. “Tódalas transferencias estas transferidas e financiadas” resumiu.

Subliña que a Xunta de Feijoo recibiu este ano 130 millóns de euros para programas de emprego, 110 millóns de euros para programas de formación e 8 millóns de euros para a modernización do Servicio Público de Emprego. O portavoz socialista relatou que Galicia recibe por persoa desempregada 1.093 euros, o que significa un 45% máis que a media do conxunto do Estado, e denunciou a reducción dun 50% das partidas da Xunta destinadas ao emprego.

Na rolda de prensa, tamén aludiu ao Informe do BBVA sobre a situación económica de España , nel constatase que a taxa de crecemento do desemprego colocará a Galicia no ano 2011 na penúltima posición, e no ano 2012 na ultima.

Así as cousas afirmou que afirmou que a "incapacidade de Núñez Feijóo para afrontar os preocupantes datos do paro levoulle “a buscar unha nova coartada contra co Goberno de España”. Replica que esta estratexia do PP “non ten como obxectivo defender os intereses dos galegos, senón defender os intereses electorais do PP en Madrid e defender a propia carreira política de Núñez Feijoo”.

Recurso ao Tribunal Constitucional

Sobre o Recurso anunciado pola Xunta ao Tribunal Constitucional sobre o financiamento da débeda autonómica, anunciou que reclamará á Xunta os Informes Xurídicos que sustentan este Recurso. Advirte tamén que as cifras aportadas pola Xunta e polo Presidente sobre este asunto “non aparece por ningún lado”, e proseguiu “aínda que Feijoo siga empeñado na súa teoría da conspiración”.

A maiores dixo que o PP practica “economía-ficción”, e asegurou que o axuste do IVE e a cláusula mínima de financiamento “xa están literalmente regulados”, e por tanto “non cabe ningunha interpretación”. Tamén se referiu aos anticipos de recursos adicionais, e sinalou que a Lei que regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas establece que a incorporación das devanditas partidas producirase, por vez primeira, a partir do ano 2012. Neste punto lembrou o artigo 6, da Lei do ano 2009, pola que regula o sistema de financiamento das CCAA.

E resumiu “non hai agravio nin conspiración, hai unha Lei que se está aplicando a tódalas comunidades autónomas, e Feijóo tenta disfrazar a súa incompetencia con este tipo de estratexias”, concluíu. Di que é o PP creou unha polémica artificial.

Caixas de Aforro

Preguntado polos xornalistas pola petición do Ministerio de Economía de solicitar un 10% de core capital ás Caixas de Aforro que non saian en Bolsa, permitindo contabilizar o FROB. Explicou que quen solicitou este porcentaxe foi a CECA, e afirmou que agora a Xunta ten que actuar. Dixo que o PSdeG apoiara sempre unha caixa solvente e que garantice a súa galeguidade. Por iso di esto desmonta unha vez mais a teoría da conspiración da Conselleira de Facenda contra Novacaixagalicia “as súas acusacións son infundados, xa que quedou demostrado que esa decisión é unha cuestión técnica”. .E lembrou que algúns membros do PP como Dores de Cospedal ou o expresidente José María Aznar, apoiaron a bancarización das caixas. Por iso envioulle unha mensaxe “igual debería falar máis do que se está cocendo no PP”, remachou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar