Abel Losada lamenta que Economía e Industria presente uns orzamentos “derrotistas fronte á recesión e o desemprego”

Abel Losada lamenta que Economía e Industria presente uns orzamentos “derrotistas fronte á recesión e o desemprego”

Abel Losada lamenta que Economía e Industria presente uns orzamentos “derrotistas fronte á recesión e o desemprego”

Abel Losada acusa ao conselleiro de deixar aos galegos “á intemperie” ao “estrangular o investimento produtivo e o crédito que permitiría crear empresas e emprego”

O parlamentario socialista Abel Losada advertiu hoxe que a Consellería de Economía e Industria presenta uns orzamentos “derrotistas fronte á recesión e o desemprego”. Así o dixo na Comisión de Orzamentos, na que o conselleiro de Economía presentou hoxe as contas do seu departamento para 2014, que diminúen un 22,1 por cento con relación a 2013.

O responsable socialista dixo que esta Consellería “exemplifica o fracaso da política económica de Feijóo” ao paralizar o investimento, renunciar ao impulso do consumo privado e situar a industria galega nos niveis de emprego de 1997, facendo desaparecer un de cada catro empregos dende 2009.

Losada denunciou que o goberno galego utilice os orzamentos “unicamente como plataforma publicitaria” cando a realidade é que deben ser “un mecanismo contable e fundamentalmente un instrumento político”. Lembrou que precisamente Economía e Industria “debe ser o máximo instrumento para favorecer a reactivación económica e polo tanto a creación de emprego”.

Puntualizou que o relanzamento da actividade económica “só se producirá si existe investimento privado e consumo, dous indicadores que o goberno de Feijóo mantén en coma inducido”. Así, explicou que o Igape reduce o seu investimento para 2014 nun 38,3 por cento, co que “renuncia a este instrumento cando a caída do crédito en Galicia é a segunda mais elevada do conxunto do Estado”.

Galegos á intemperie
O deputado socialista criticou que Feijóo “deixa aos galegos á intemperie e ao albur da crise económica” xa que mentres desatende por unha parte aos que teñen mais problemas para traballar, pola outra suprime as axudas e créditos ás empresas que poderían e deberían crear emprego”.

Ao mesmo tempo, dixo, non é posible pensar no consumo como vía de saída da crise coas pensións á baixa, igual que os salarios grazas á reforma laboral do PP, cun elevadísimo número de parados cun nivel de cobertura decrecente e sistemáticos recortes aos traballadores públicos.

Fronte a esta situación, dixo, o goberno galego “permanece mudo fronte á reconversión silenciosa sen precedentes no sector industrial galego” que perdeu un de cada catro empregos dende 2009, facendo retroceder o nivel de emprego 16 anos. Sinalou que a caída acumulada da produción industrial entre 2009 e 2012 é de “mais do dobre que no conxunto do Estado”, onde caeu unha media do 8,7 por cento fronte ao 20,7 de Galicia.

Criticou que fronte a esta situación o presidente do goberno galego “permanece entretido falando duns floteis que un ano despois non dan chegado, ou duns muíños de vento que só están instalados na súa imaxinación”.

I+D
O responsable socialista advertiu que nin sequera o aparente aumento do orzamento de I+D+i do goberno galego permite ser optimistas, xa que “a pesares do seu crecemento aínda estamos un 20 por cento por debaixo dos 150 millóns de euros que eran investidos en 2009, á chegada de Feijóo ao goberno galego”.

Losada subliñou que “en ningún caso podemos caer na autocomplacencia e no triunfalisnmo nun contexto de recesión como o actual e cuns niveis de desemprego como os que estamos rexistrando cada mes. Esixiulle ao goberno galego “fixar a atención fundamentalmente nos parados, nos desempregados e nas familias que teñen a tódolos seus membros en paro e están sen ingresos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar