Abel Losada lamenta a asfixia do I+D+i por parte do goberno galego que provoca "máis pobreza e unha sociedade máis fracturada e desigual"

Abel Losada lamenta a asfixia do I+D+i por parte do goberno galego que provoca "máis pobreza e unha sociedade máis fracturada e desigual"

Abel Losada lamenta a asfixia do I+D+i por parte do goberno galego que provoca "máis pobreza e unha sociedade máis fracturada e desigual"

Abel Losada lamenta que o PP rexeite incrementar o investimento en investigación deixando a Galicia no 0,87 por cento do PIB cando a UE supera o 2 por cento

O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Abel Losada, lamentou hoxe que o goberno galego asfixie o I+D+i provocando “mais pobreza e unha sociedade mais fracturada e desigual”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista que reclamaba unha planificación plurianual do investimento e darlle continuidade aos plans de investigación e que foi rexeitada polo PP.

Losada sinalou que o goberno galego volveu reducir o I+D+i ata o 0,87 por cento do PIB –o que supón un recorte de 120 millóns de euros en tres anos- en contra da tendencia da UE, que xa supera o 2 por cento e camiña cara acadar o 3 por cento en 2020. Acusou a Feijóo de situar a Galicia nas mesmas cifras de Ucraína e Turquía, mentres o goberno de Portugal xa se sitúa no 1,5 por cento, “case o dobre que nós”.

Ademais, engadiu, o goberno galego está “orgulloso” de deixar sen executar entre 2009 e 2013 o 31 por cento do Plan Galego de I+D+i, en torno a 130 millóns de euros, a razón de mais de 25 cada ano.

O responsable socialista salientou que a estratexia do goberno busca “mudar o modelo económico e social do país a través dunha devaluación interna” coa escusa da crise e competir por salarios baixos “en lugar de asentar un modelo económico baseado no coñecemento e a competitividade”.

Puntualizou que a estratexia do goberno de Feijóo está a provocar unha perda imparable do capital humano mellor formado, duplicando o número de parados con estudos superiores dende 2009, dende os 38.800 ata 75.700. Ademais, sinalou, neste mesmo período os doutores en paro pasaron de 200 a 700, mentres o goberno galego despreza o investimento en educación e ciencia, cando resulta “moito mais rendible”.

Iniciativa

Os socialistas galegos reclamaran, a través desta iniciativa, acometer unha planificación plurianual que permita a recuperación dos niveis de investimento en I+D+i de 2009 “garantindo un financiamento sostido que represente unha porcentaxe dos ingresos da Xunta de Galicia semellante á media europea”.

Ademais, incluía eliminar os actuais límites da taxa de reposición de emprego público no sector do I+D+i “que permita a incorporación de novos recursos humanos de acordo coas necesidades reais do sistema de I+D+i e a súa converxencia con Europa no número de persoal de investigación por habitante”.

Tamén solicitaba garantir “a normalización e o cumprimento de tódalas actuacións previstas nos Plans Autonómicos de Investigación, tanto no relativo aos prazos das súas convocatorias como na resolución das mesmas”.

Finalmente, instaba á Xunta de Galicia a desenvolver, a través da Axencia de Innovación de Galicia, “mecanismos que permitan contratos programa e orzamentos plurianuais correspondentes, con criterios estritamente científicos e coa autonomía necesaria, ademais de ser presentados e debatidos nos órganos de control parlamentario”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar